12 de dec. de 2016

CAMPOSANCOS

A COMUNIDADE DE MONTES VECIÑAIS EN MÁN COMÚN DE CAMPOSANCOS RECUPERA O USO DA CASA FORESTAL DO MONTE SANTA TREGA 

Segundo un principio de acordo, o Concello de A Guarda podería liberar 18.000,00 euros do Padroado Municipal Monte Santa Trega para o arranxo dese inmoble

A Casa Forestal do Monte Santa Trega pertence á Comunidade de Montes Veciñais en Mán Común de Camposancos
Foto: Infogauda

Infogauda / Camposancos

 Nun exercicio de transparencia que desde este xornal dixital acollemos con pública satisfacción, polo que supón o feito de achegar á información á toda á cidadanía, transcrebemos o contido dos acordos adoitados pola Asemblea Xeral Extraordinaria celebrada pola Comunidade de Montes Veciñais en Mán Común da parroquia de Camposancos (A Guarda), e que é como segue:

 Acta da Asemblea Xeral Extraordinaria do sábado, 10 de decembro de 2016, as 16:00 horas (segunda convocatoria) con a asistencia de 83 (oitenta e tres) veciños comuneiros. 

 O Presidente da C.MM. M.C., Fernando Martínez fai lectura da acta da Asemblea anterior, celebrada no día 21 de maio de 2016 e solicita a súa aprobación. 

 A acta do 21.5.2016 é aprobada por unanimidade. 

 Fernando Martínez da a coñecer á Asemblea as negociacións co Padroado con respecto ao contencioso dos fondos debidos a C.MM. M.C. por parte do Padroado. Resalta a boa vontade do Alcalde para solucionar este asunto. A lexislación actual non lle permite facer uso dos fondos dispoñibles por estar o Concello endebedado. Púidose encaixar a suma correspondente ao 2016 que xa se recibiu despois de haber presentado os xustificantes da inversión feita no monte porque os novos estatutos o permiten. Chegouse a un principio de acordo que consiste no arranxo da Casa Forestal por un montante equivalente a suma debida uns 18.000,00 €. 

 Fernando puntualiza que esa casa, pese a ser cedida por 30 anos a Patrimonio da Xunta de Galicia cando se chegou o acordo por o que nos subvencionaron a Casa Cultural, a Casa Forestal pertence a C.MM.M.C. segundo lle confirmou o director de dito ente porque no seu día eles non asentaron o acordo en Facenda e que agora non están interesados en facelo e por elo renuncian a dito acordo. Pide a aprobación da asemblea para este punto. 

 A asamblea aproba por unanimidade. 

 A continuación, Fernando expón as razóns por qué este ano se celebrará a Paletada Laconada no Hotel Molino e non no antigo Colexio dos Xesuitas. Destaca que se ben o prezo por cuberto da Pizzicata é lixeiramente menor, increméntase notablemente con outros servizos. A diferenza de custos é evidente, facela no ex Colexio a última custou por todos os gastos: 8.100.73 €, e este ano estimamos que por todo non supere os 5.500.00 €. Se informa que os precios para os comuneiros adultos e familiares directos será de 5 € os fillos ata 10 anos gratis, e para os convidados maiores de 10 anos será de 18 €, nenos de 0 a 5 anos gratis, e de 5 anos a 10 pagarán 9 €. 

 Un comuneiro pregunta polos custos de limpeza e calefacción no Colexio dos Xesuitas, o Presidente lle contesta que o acondicionamento do local custou: 363.00 € e o desbroce 350.00€. O sr. comuneiro considéraos excesivos. 

 Sin mais temas a tratar entre aplausos, levántase a sesión da que eu secretario certifico. 

 Agustín Alfonso Alonso.

Ningún comentario:

Publicar un comentario