20 de dec. de 2016

A GUARDA

OS USUARIOS MÁIS MOZOS DECORARON A ÁRBORE DE NADAL DA BIBLIOTECA PÚBLICA MUNICIPAL 

A bibliotecaria e usuarios da Biblioteca Pública Municipal da Guarda, na sesión precedente de Contos Contados
Fotos: C.A.G.

Infogauda / A Guarda

 Os máis cativos sempre son os grandes protagonistas destas datas e, como tal, dende o concello da Guarda estanse a levar a cabo moitas actividades para os nenos do municipio.   
 Os pequenos están a axudar na decoración e embelecemento da vila a través de diversos obradoiros. Ademais dos obradoiros de decoración navideña infantís “Decora o teu Nadal” organizados dende o Departamento de Cultura, tamén este pasado sábado tiveron a oportunidade de adornar un lugar importante da vila: a Biblioteca Pública Municipal.
  
Así de fermosa está a árbore de Nadal da Biblioteca

 Nunha nova sesión de Contos Contados, que tivo lugar o sábado pasado ás 11:30 horas, os nenos puideron desfrutar de cantos e contos de Nadal. Pero tamén tiveron a continuación a actividade “Viste a árbore de Nadal”. Neste pequeno obradoiro realizaron os adornos que locen na árbore da Biblioteca, que estará alí durante todo o Nadal, para acompañar aos guardeses que se acheguen á Biblioteca durante estas festas.

Ningún comentario:

Publicar un comentario