20 de dec. de 2016

A GUARDA

CHOCOLATE NA PRAZA DE ABASTOS E MÚSICA NAS RÚAS

Amenizarán a vila da Guarda, este xoves 22 de decembro 

Compoñentes do Coro Fuscalheiro
Foto: C. F.

Infogauda / A Guarda

 A tan só uns días da chegada do Nadal, A Guarda énchese de espírito navideño e as rúas locen máis fermosas ca nunca. Para amenizar estas festas tan sinaladas, dende o concello da Guarda organízase, este xoves día 22 pola mañá, unha chocolatada na Praza de Abastos.  

A Caravana de Nadal organizada polo Mercado do Reló e comerciantes, segue o seu percorrido polas rúas da vila
Foto: Mercado do Reló

 Ademais, os veciños e visitantes que se acheguen o xoves á Guarda poderán desfrutar de Música nas rúas da man do Coro Fuscalheiro. E iso non é todo, xa que segue o seu percorrido polas rúas guardesas a Caravana de Nadal organizada polo Mercado do Reló e comerciantes, que durante este mes está a levar o Nadal a tódolos recunchos da vila.  

 Así pois, anímase a todo o mundo a achegarse o xoves a probar un chocolate quentiño na Praza de Abastos, perfecto para esta época e para prepararse para unha das fins de semana máis especiais do ano.

Ningún comentario:

Publicar un comentario