12 de dec. de 2016

A GUARDA

TRIBUNA ABERTA

O CONCELLO MOSTRA A SÚA REPULSA POLOS ACTOS DE VANDALISMO

María Elena Baz Rodríguez (concelleira de Cultura): "(...) Queremos deixar claro que este tipo de actos son totalmente inadmisibles (...)".


María Elena Baz Rodríguez
     Concelleira de Cultura  
Foto: Infogauda

Infogauda / A Guarda

 Logo da correspondente labor feita nos ámetos educativos da localidade, onde se conxugou á iniciativa de unha asociación co traballo de docentes e escolares, por unha banda; e a convocatoria feita desde o Concello, coa labor de varios comerciantes e profisionais da vila, por outra; ademáis de outras iniciativas xurdidas espontáneamente, como a do club de fútbol Sporting Guardés; as rúas guardesas presentan unha fermosa ambientación de Nadal, na que queda de manifesto, que cando se fai unha chamada á colaboura, os veciños, desde os máis novos, aos de mediana edade e mesmo os nosos maiores, saben respostar positivamente. Dese xeito, e non de outro, é como un pobo, se chame como se chame, pode brillar grazas a colaboura de todos. 

 Cómo se esprican, entón, os actos de vandalismo que se produciron na pasada semana?  Pois a verdade é que non ten ningunha espricación lóxica. Se o que fixeron escolares e comerciantes, non lles gosta a algúns, tal vez poida ser que son individuos aos que non lle gosta a beleza. Que non teñen á máis mínima sensibilidade. Que son uns brutos, e outros moitos epítetos que se lles podían aplicar. 

 En todo caso, aos guardesess e visitantes, sí nos gusta que haxa colaboura veciñal, que todos nos impliquemos en presentar o noso pobo do mellor xeito posible, e que todos, propios e visitantes, vivamos estas datas previas o Nadal, e as que han de vir, con sana ledicia, e sobor de todo, respectando o traballo dos demais.

 Feita esta reflexión, deseguido transcrebemos á nota de prensa que no día de hoxe recibimos na Redacción deste xornal dixital, e que dí textualmente o seguinte:

  A Guarda, a 9 de Decembro do 2016

 Dende o Concello de A Guarda queremos mostrar a nosa repulsa polos actos de vandalismo acontecidos este pasado mércores de madrugada, onde se esnaquizaron varios abetos que adornan as nosas rúas polo Nadal e tamén foron vítima do vandalismo unhas bandeirolas postas en algúns dos comercios da vila. Queremos deixar claro que este tipo de actos son totalmente inadmisibles, incidindo ademais no feito de que os bidóns nos que están as árbores foron pintados polos nenos de A Guarda, e non entendemos como alguén pode xogar así cos sentimentos dun neno. É intolerable.  

 Queremos ademais, agradecer o traballo dos veciños e veciñas que o día seguinte estaban reparando os desperfectos. Este Nadal 2016 está sendo especial debido a colaboración que existe entre Concello, asociacións de comercio e comerciantes en xeral, asociacións culturais e deportivas e tamén dos nenos, dos coles e dos veciños e veciñas.  

 Non deixaremos que actos como este nos quiten a ilusión de seguir traballando para que o noso pobo sexa un referente na nosa comarca.   

 María Elena Baz 
 Concelleira de Cultura

Ningún comentario:

Publicar un comentario