21 de dec. de 2016

A GUARDA

O ALCALDE E A CONCELLEIRA DE SERVIZOS SOCIAIS DAN A BENVIDA Á NOVA DIRECTIVA DO CLUB DE XUBILADOS 


O alcalde da Guarda, Antonio Lomba Baz, e a concelleira de Servizos Sociais, Teresa Vicente Baz, con membros da directiva do Clube da 3ª Idade
Foto: C.A.G.

Infogauda / A Guarda

 O alcalde da Guarda, Antonio Lomba Baz, e a concelleira de Servizos Sociais, Teresa Vicente Baz, mantiveron unha reunión o pasado martes, no local do Clube da 3ª Idade para dar a benvida á súa nova directiva.  

 Tras varios meses de incertidume, na que os membros do Club da Terceira Idade e Pensionistas de A Guarda dubidaban da continuidade do mesmo ante a falta de  directiva nin perspectivas de que alguén se fixera cargo do club, a finais de novembro reuníronse no concello co alcalde e a concelleira. Neste encontro lles transmitiron a súa preocupación pola situación, unha preocupación compartida dende o concello. Por iso, o concello en colaboración cos membros do Club anunciaron esta situación ós medios de comunicación, que se fixeron eco do problema.  

 Afortunadamente, nestes últimos días apareceu un grupo de persoas dispostas a facerse cargo do Club e de presentarse á vindeira Asemblea para ser constituídos como Directiva do Club da Terceira Idade e Pensionistas de A Guarda.

 O alcalde e a concelleira mostraron a súa alegría, así como a do concello, por poder comunicar que queda garantizada a continuidade do Club de Xubilados, un elemento fundamental do dinamismo social, cultural e da actividade física para os seus numerosos socios que forma parte do patrimonio da vila.  

 Así mesmo, ademais de dar a benvida e agradecer ós futuros membros desta nova directiva que deran un paso adiante e se comprometan con esta labor, tamén volveu a ofrecer a axuda do concello e o seu apoio que seguirá a ter o Club nesta nova etapa.   

 Pola súa banda a nova directiva e os membros do Club presentes agradeceron a aqueles que nunca se renderon e que buscaron sempre a continuidade do club, á anterior directiva que foron os seus mestres e tamén ao concello por dar voz e difundir a situación do Club, axudando así a atopar unha solución.   

 Comezará así, co novo ano, unha nova etapa cunha nova directiva no Club da Terceira Idade e Pensionistas de A Guarda que, contando sempre co apoio do concello da Guarda, traerá novas iniciativas e moito traballo pero que seguro sairá adiante, dada a motivación e a ilusión que se pode ver na nova directiva e as ganas amosadas por comezar a funcionar.

Ningún comentario:

Publicar un comentario