19 de dec. de 2016

A GUARDA

ÁBRESE O PRAZO PARA PEDIR CITA PARA A RENOVACIÓN DO DNI

Nos meses de xaneiro, febreiro e marzo de 2017 na Guarda  


Infogauda / A Guarda

 O Concello da Guarda informa que este martes, 20 de decembro, abre o prazo para que os veciños do municipio soliciten cita para a renovación do DNI nos meses de xaneiro, febreiro e marzo do vindeiro ano.  

 As citas poden pedirse tanto de forma presencial no Concello coma chamando ao número de teléfono 986 61 00 00.  

 O día fixado para realizar as renovacións no mes de xaneiro é o 17, sendo o 20 o día para recoller o DNI. 

 En febreiro terán lugar o martes día 14, sendo o 17 o día para recoller o documento. 

 Pola súa banda en marzo as citas son tamén para o día 14 e a data para recollelo é o 17.  

 Haberá un total de 65 citas para cada unha destas datas.

Ningún comentario:

Publicar un comentario