19 de dec. de 2016

A GUARDA

INSCRICIÓN PARA PARTICIPAR COMO PAXE NA CABALGATA REAL

A data para realizar as inscricións de todos os nenos e nenas que desexen participar será o xoves día 22 de decembro, no concello  

As SS.MM. os Reises de Oriente e seus paxes reais, diante do Centro Cultural, nunha edición precedente
Foto: C.A.G.

 Infogauda / A Guarda

 Desde o executivo municipal do Concello guardés informan que o xoves día 22 deste mes será a data para realizar as inscricións de todos os nenos e nenas que desexen participar como paxe na Cabalgata Real da Guarda o vindeiro 5 de xaneiro.   

 Para isto, os pais/nais ou titores deben achegarse ata o Departamento de Cultura do concello da Guarda este xoves, a partir das 9:00 horas, para anotar ao neno ou nena e firmar a correspondente autorización, que se atopa dispoñible na páxina web do concello  ou se pode recoller no Departamento de Cultura.   



 Os pais/nais ou titores que acudan ó concello a inscribilos deben lembrar que os nenos e nenas que desexen participar teñen que ter xa cumpridos os 8 anos e que cada adulto só poderá anotar a un neno, excepto no caso de irmáns. Para a inscrición non teñen que estar presentes os nenos.  

 A autorización só pode estar asinada polo pai/nai ou un titor, non vale a firma doutro adulto; aínda que si é posible que se algún destes non pode achegarse nesa data ata o concello, sexa outro adulto o que traia a autorización debidamente cuberta e asinada polo pai/nai ou titor.

Ningún comentario:

Publicar un comentario