19 de dec. de 2016

A GUARDA

“Anriquito”, cinema solidario en favor de Conrazones 

Este xoves día 22 de dcembro, ás 20:30 h., no Centro Cultural   


Infogauda / A Guarda

 Este xoves 22 de decembro, ás 20:30 horas, o Centro Cultural da Guarda acolle a proxección do filme “Anriquito”do Grupo San Roquiño, nunha data de cinema solidario.  

 Esta iniciativa servirá para presentar o filme “Anriquito” e tamén como acto solidario, xa que a entrada será 1 kg. de alimentos non perecedoiros a favor da Asociación Conrazones.  

 Chega así ao concello da Guarda, tras o estrea que tivo en Goián en outubro, un filme rodado polos veciños de Tomiño e que nesta presentación na Guarda servirá para colaborar co Asociación Conrazones na súa labor de axuda ós máis desfavorecidos da Comarca do Baixo Miño.  

 O concello da Guarda, como colaborador da iniciativa, anima a todos os guardeses a desfrutar do filme e sobre todo a aproveitar esta oportunidade de colaborar con causas tan importantes como a da asociación Conrazones, aínda máis se cabe nestas datas de Nadal.

Ningún comentario:

Publicar un comentario