10 de nov. de 2016

OIA

PERSOAL TÉCNICO DO XACOBEO VISITA OIA PARA A SINALIZACIÓN DO CAMIÑO PORTUGUÉS DA COSTA

Esta sinalización ten carácter provisional, xa que está pendente a delimitación definitiva por parte da Dirección Xeral de Patrimonio, trámite que pode levar varios anos ata a súa aprobación final

Cristina Correa Pombal, alcaldesa de Oia, acompañou aos técnicos do Xacobeo para revisar todo o percorrido


Infogauda / Oia

 O Concello de Oia recibiu este mércores a visita de persoal técnico do Xacobeo para avanzar na tan ansiada sinalización do Camiño Portugués da Costa.  

 Dende a súa oficialización, o pasado mes de abril coa aprobación polo parlamento de Galicia da Lei de Patrimonio Cultural, os concellos de A Guarda, O Rosal, Oia, Baiona e Nigrán, se reuniran fai uns meses con Turismo da Xunta para colaborar neste cometido de gran importancia para a posta en valor deste camiño que conta cada vez con máis afluencia de peregrinos.  

 A Alcaldesa do Concello, Cristina Correa Pombal, acompañou aos técnicos do Xacobeo para revisar todo o percorrido e ver onde irían os 28 mojóns que ten solicitados.  

 Esta sinalización ten carácter provisional, xa que está pendente a delimitación definitiva por parte da Dirección Xeral de Patrimonio, trámite que pode levar varios anos ata a súa aprobación final. Atendendo ao seu carácter provisional, dita sinalización consistirá en colocar mojóns polas zonas rurais, quedando pendentes os tramos urbanos

Ningún comentario:

Publicar un comentario