10 de nov. de 2016

DEPORTES

SEGUNDA SEDE DA LIGA GALEGA DE HOCKEY LIÑA NA CATEGORÍA MASCULINA

Equipos da Guarda "A Guarda Hockey Liña"



Miguel Fernández Lomba / A Guarda

 O vindeiro domingo día 13 de novembro o hockey liña volta tomar protagonismo no calendario deportivo galego, no pavillón Daniel Cordido de Lugo disputarase a segunda Sede da Liga Galega de Hockey Liña. 

 O equipo da Guarda "A Guarda Hockey Liña" enfrontarase ó Morcegos de Ourense e a Alquimia InLine da Coruña tentando mellorar a imaxe amosada na xornada inicial, na que os guardeses perderon un dos partidos e gañaron o outro; ainda que sen chegar a amosar o seu habitual bo xogo. 

 Trala primeira Sede, que se xogou no mesmo escenario o pasado 16 de outubro tres equipos encabezan a clasificación empatados a 6 puntos: Lóstregos e Cabuxos, ámbolos dous de Lugo e Brigantium de Arteixo. 

 Podedes atopar mais información na páxina web da Federación Galega de Patinaxe 

Ningún comentario:

Publicar un comentario