3 de out. de 2016

SALCIDOS (A GUARDA)

CONVERXENCIA GALEGA SOLICITA A SUSTITUCIÓN DA MARQUESINA DE SALCIDOS





Infogauda / Salcidos

 Adxunto unha reportaxe fotográfica que indica o estado no que se atopa a marquesina ubicada na intersección entre a rúa Cruz e a pista de baixada a Ribeira e A Xunqueira de Salcidos, o concelleiro de Converxencia Galega no Concello de A Guarda, Celso R. Fariñas, fai pública á seguinte proposta:


SUSTITUCIÓN INMEDIATA DA MARQUESINA DE SALCIDOS

 Despois de solicitar autorización o concello para retirar a marquesina de Salcidos por motivo das festas, facendo a advertencia de que a mesma estaba en estado deplorable e moi deteriorada e que unha vez se movera iba ser moi difícil de encaixar, solicitando que se aproveitara a ocasión para instalar unha nova.

 Membros da Comisión de Festas falaron en diversas ocasións con concelleiros con responsabilidade municipal para que comprobaran o estado da actual e que se procedera a instalar a nova o mais pronto posible , dado que estaba a punto de dar inicio o curso escolar e que ademais a mesma era moi usada por persoas maiores que pasean polo lugar. 







 Dado que as festas foron en agosto,  e despois de esperar mais dún mes, a Comisión instalou a vella, e siguen a espera que se coloque a nova pois estamos entando en inverno e pronto escomenzará a tempada de chuvias, pero xa se nota o frío e o vento, que entra por tódolos lados, fai que esté perdendo a utilidade que se considera que debe ter.  

 Dende Converxencia Galega, vimos a solicitar a quen corresponda para que se proceda a instalar unha nova marquesina da maneira mais urxente.

                      A Guarda, a 03 de Outubro  2.016                  

Celso R. Fariñas 
Concelleiro de Converxencia Galega 

Ningún comentario:

Publicar un comentario