20 de out. de 2016

MAR

A CIG-MAR CONVOCA NOVAS ASEMBLEAS INFORMATIVAS SOBOR DOS COEFICIENTES


Este venres 21, terán lugar xuntanzas informativas para mariñeiros afectados en Marín, ás 11 da mañá na biblioteca, e na Guarda, ás 19h no salón de actos do Centro Cultural

CIG- Mar



 A CIG-Mar, como parte da comisión de afectados/as pola modificación dos coeficientes redutores para a idade de xubilación a mariñeiros, vén de reunirse esta mañá en Madrid con representantes do Instituto Social da Mariña, Dirección Xeral da Mariña Mercante e Secretaría Xeral de Pesca. 

 Da xuntanza extráense as seguintes conclusións:
1) O Instituto Social da Mariña recoñece un erro interno no cruzamento de dados que corrixirá, voltando á situación previa á modificación dos coeficientes para a tripulación “de máis de 50 barcos”.

2) CIG-Mar fica á espera de recibir a listaxe definitiva dos barcos atinxidos, a maioría galegos, para valorar en que medida se subsana ou non o conflito. Existen dúbidas, aínda así, sobre a exclusión dun grupo importante de palangreiros.
3) Valórase a xuntanza positivamente ao ser a primeira ocasión na que os organismos públicos competentes se reúnen con afectados para tratar a modificacións dos coeficientes.

4) Rexéitase o recente posicionamento público da Xunta, que contén profundas inexactitudes, así como a falta de interlocución por parte do goberno autonómico, que até o momento non se puxo en contacto cos afectados.

Este venres 21, terán lugar xuntanzas informativas para
mariñeiros afectados en Marín, ás 11 da mañá na biblioteca, e na Guarda, ás 19h no salón de actos do Centro Cultural.

(R.)

Ningún comentario:

Publicar un comentario