20 de out. de 2016

A GUARDA

CELSO R. FARIÑAS, CONCELLEIRO DE CONVERXENCIA GALEGA, RECRAMA O GRUPO DE GOBERNO DO PSOE MÁIS ATENCIÓN OS BENS PÚBLICOS


Ás imaxes corresponden á marquesina ubicada preto do parque infantil existente entre a rúa Bechos e a rúa Galicia
Fotos: Converxencia Galega / A Guarda


Infogauda / A Guarda

 Aportando tres fotografías do ben público obxecto da súa interpelación, Celso R. Fariñas, concelleiro de Converxencia Galega, ven de presentar no rexistro municipal de entradas do Concello de A Guarda, a seguinte comunicación:

ABANDONO E DEIXADEZ POR TÓDALAS ESQUINAS                  

 Dende fai bastante tempo, e agora ca caída das primeiras chuvias, e cando máis se nota o estado de abandono, principalmente por unha das entradas a nosa vila, donde a deixadez dos responsables municipais do Goberno do PSOE e unha permanente, e máis cando unha boa parte dos séus concelleiros/as teñen que pasar a cotío, como é na rúa Galicia.    

 Da marquesina existente a veira do parque infantil, reflexa o “pasotismo” o que nos teñen acostumbrados, tendo en conta a cantidade de persoas que teñen que pasar por este lugar, a imaxe da marquesina é patética. Mantén as estructuras metálicas, pero de poder guarecerse da choiva, non falemos, xa que as láminas de acrílico ou vidro, fai moito tempo que desapareceron e endexamais as repuxeron.

 Seguimos sinalando que unha imaxe vale máis que mil palabras, polo que dende xa, emplazamos o Equipo de Goberno do PSOE para que tome as medidas oportunas e proceda a arranxar esta situación que, especialmente agora no inverno se bota moito máis en falta, e despois de arranxala, para non perder a tradición, poden “deleitarnos” cunha foto da  “reinauguración” nos medios de comunicación, como xa é costume.


A Guarda, a 18 de Octubro do 2.016      

Celso R. Fariñas 
Concelleiro de Converxencia Galega
          

Sr. Alcalde-Presidente do Concello de A Guarda

Ningún comentario: