3 de set. de 2016

CAMINHA

RECANTO DA ARTE

CACHI MARTÍNEZ, ARTISTA DA NATUREZA MIÑOTA

O pintor guardés expón do 3 o 8 de setembro na Galería de Arte Caminhense

As imaxes corresponden á mostra de pintura que ata o día 8 deste mes presenta Cachi Martínez na Galería de Arte Caminhense, de Caminha


Ricardo Rodríguez Vicente / Caminha


 Os que temos a sorte de haber nacido e poder viver nún entorno tan fermoso como a comarca do Baixo Miño, a pouco que teñamos consciencia do que iso supón para a saúde persoal de cada ún de nós, temos que sentirnos privilexiados de compartir un espazo xeográfico onde á Natureza ainda logra renovarse non soio en cada estación, senón a cotío. Eiquí, nesta ribeira do Miño, ou na súa xemelga de enfronte, no Alto Minho portugués, ainda hai espazos onde se pode escoitar á música da auga que baixa desde á serra ata entregarse no Pai Miño, ou mesmo para fundirse no Oceáno Atlántico. Neses lugares, onde a vexetación é xenerosa en matices cromáticos, e onde á lús solar, xoga cos amieiros e salgueiros, facendo verdadeiros malabares, que lle dan unha maxia indescriptíbel, é onde o ser humán, volta a sentir á liberdade primixenia, como nos primeiros tempos da Creación. E en lugares así, onde o home logrou plena harmonía co medio natural, onde podemos atopar a Cachi Martínez, un pintor de A Guarda, que ata o día 8 deste mes de setembro expón na Galería de Arte Caminhense, na Praça Conselheiro Silva Torres (Terreiro), de Caminha.

 Cachi Martínez é un artista con unhas magníficas cualidades. Excelente dibuxante e gran pintor, tanto en lenzo como en murais. Coñece moi ben ás técnicas pictóricas e sabe traballar súa ampla paleta de cores, logrando un efectismo realista, co seu toque persoal, que fai que seus cadros leven súa impronta. E non é que o digamos nós, senón que son súas obras ás que acreditan con creces estas afirmacions.

 Suxerimos que nestes días de verán todas aquelas persoas que gostan da Natureza, e que non sempre poden disfroitar dela como lles gustaría, que se acheguen ata Caminha para ademirar á Arte que Cachi Martínez presenta na fraterna vila portuguesa.

Ningún comentario:

Publicar un comentario