1 de set. de 2016

A GUARDA

Tempada 2016/2017 das escolas e actividades deportivas na Guarda 

Inscripcions a partires do martes día 6 de setembro no Concello 
  

Infogauda / A Guarda

 Co mes de agosto rematado e a piques de comezar un novo curso escolar, a actividade deportiva tamén chega con forza nesta nova tempada á vila da Guarda.  

 Por unha banda no mes de outubro retómanse as escolas deportivas para os máis cativos da casa. Esta oferta de escolas deportivas inclúe dúas actividades gratuítas: baloncesto e patinaxe artístico. No caso do baloncesto, terán lugar os venres de 16:00 a 18:00 horas. No caso do patinaxe artístico, se levarán a cabo tódolos luns de 17:00 a 19:00 horas. 

 Ademais, as escolas deportivas complétanse con dúas actividades máis. Haberá clases de bádminton os mércores de 16:30 a 18:00 horas, cun prezo de 10€ o mes. 

 Tamén se oferta a posibilidade de aprender un deporte moi en alza como é o pádel. Por 15€ ao mes, os rapaces e rapazas poderán practicalo os martes de 16:00 a 17:00 horas se teñen entre 6 e 8 anos de idade; e os mércores de 17:00 a 18:00 horas para os nenos e nenas de 9 a 12 anos. 

 Para os adultos son catro as actividades ofertadas, que tamén comezarán no mes de outubro. Os martes e os xoves impartiranse aulas de aeróbic das 20:30 ás 21:30 horas, cun prezo de 18€. Os mesmos días, martes e xoves, de 19:00 a 20:00 horas, haberá clases de pilates a 28,50€ ao mes. E tamén os martes e xoves pero pola mañá, de 11:20 a 12:00 horas; os que o desexen poderán aprender técnicas de relaxación. Esta actividade ten un prezo de 18,50€. 

 Tamén dará comezo a “Ximnasia para a 3ª Idade”, unha actividade gratuíta que se desenvolverá dous días á semana, unicamente durante o mes de outubro no Centro Cultural, e que incluirá diversas saídas ao aire libre dependendo da meteoroloxía.  

 As inscricións, tanto para as escolas deportivas de nenos e nenas como para as actividades de adultos, poderán realizarse a partir do 6 de setembro na oficina da OMIX do Concello da Guarda. 

 Para máis información poden chamar ao teléfono 986 614 546 ou enviar un correo electrónico a: deporte@aguarda.es

Ningún comentario:

Publicar un comentario