1 de set. de 2016

OIA

Medio Ambiente e o concello de Oia colaboran na mellora da rede de saneamento nas Mariñas 

A conselleira de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, Beatriz Mato, e a alcaldesa da localidade, Cristina Correa, asinaron un convenio neste sentido

Para a execución destes traballos, a Xunta achegará máis de 200.000 euros, cofinanciados por fondos FEADER

Cristina Correa, alcaldesa de Oia, e Beatriz Mato, consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, asinando o convenio para mellorar a rede de saneamento nas Mariñas


Infogauda / Oia

 A Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio e o concello de Oia colaborarán para mellorar a rede de saneamento nas Mariñas, tal e como se recolle no convenio asinado entre a titular do departamento autonómico, Beatriz Mato, e a alcaldesa da localidade, Cristina Correa.
 O obxectivo destas obras é mellorar as condicións de vida dos habitantes desta zona de Oia, dotándoa de redes de saneamento, eliminado puntos de vertido, reducindo a contaminación do nivel freático e, con elo, mellorando a calidade das augas da contorna. Así, as obras consistirán na ampliación do sistema de saneamento da parroquia das Mariñas, co fin de mellorar a depuración das súas augas.
 Para executar estes traballos, o Goberno galego achegará máis de 200.000 euros, cofinanciados polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (FEADER)
 No encontro, a conselleira de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio destacou que a Xunta seguirá apostando pola máxima colaboración cos concellos galegos para a posta en marcha de infraestruturas e servizos. Tras a sinatura do convenio de colaboración, Augas de Galicia pode licitar este contrato nas próximas semanas.

Ningún comentario:

Publicar un comentario