25 de ago. de 2016

PONTEVEDRA

Axenda venres, 26 de agosto 2016



10.30 h. A ESTRADA. O cabeza de lista do BNG pola provincia de Pontevedra ás eleccións galegas, Luís Bará, presentará a candidatura da formación nacionalista para o 25-S acompañado de Montse Prado, Susana Camba Castro e o concelleiro Xosé Magariños.

(Praza do Mercado s/n. A Estrada)

12.30 h. PONTE CALDELAS. O cabeza de lista do BNG pola provincia de Pontevedra ás eleccións galegas, Luís Bará, realiza unha visita á empresa Distribucións Arnoia acompañado da candidata do BNG Ana Pontón e o alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores.

(Nave de Distribucións Arnoia. Parcela 19. Polígono de A Reigosa. Ponte Caldelas)

20.30 h. TUI. O cabeza de lista do BNG pola provincia de Pontevedra ás eleccións galegas, Luís Bará, participa na charla coloquio sobre a memoria histórica organizada baixo o título ‘A mocidade non esquece’, no que tamén estarán Alberte Mera, Marga Romero e Afonso Cáccamo. Ao rematar ao acto lerase un manifesto de repulsa pola recente pintada fascista feita nos muros da igrexa de San Domingos e  acto seguido realizarase unha ofrenda floral diante do monumento aos  represaliados do 36, na propia alameda.


(Aula Uned de Tui. Rúa Antero Rubín. Tui) 

(R.)

Ningún comentario:

Publicar un comentario