TV OR NOT TV. ITINERARIOS DA FICCIÓN TELEVISIVA
28 setembro - 10 novembro 2016
CGAC / Santiago de Compostela
A televisión é esencial para entender a evolución histórica da imaxee da cultura audiovisual. Desde o seu nacemento revelouse como o medio de comunicación de masas máis influínte debido á súa inmediatez ea unha capacidade case innata por adaptarse aos gustos do espectador.
As transformacións tecnolóxicas que modificaron os modos de produción, distribución e recepción no eido audiovisual non minguaron o seu poder; ao contrario, desde o cambio de século a televisión converteuse nun dos axentes de ficción con maior vontade de risco, e a súa sofisticación narrativa foi ocupando de xeito progresivo o lugar hexemónico do cinema, en crise permanente desde hai décadas.
Neste curso afondarase nalgunhas das propostas máis audaces ao longo da historia, entendendo a televisión como medio de evasión e ocio, pero sen esquecer a vertente de coñecemento, pois moitos dos seus produtos so nun espello do tempo no que foron creados. Polo seu rigor estético e formal estes produtos atópanse na vangarda do ecosistema audiovisual, por iso semella pertinente o seu estudo nun centro de arte contemporánea.
No transcurso de cada sesión analizaranse breves fragmentos de series que ofrezan unha visión global da ficción televisiva ao longo da súa historia, e que sirvan para entender a evolución do medio. Como ferramenta de apoio crearase unha plataforma en formato blog onde se complementen os contidos vistos en cada sesión. O obxectivo desta plataforma é fomentar a participación e promover o debate nas sesións, ademais de crear un foron o cal os alumnos poidan realizar as súas propias achegase as suxestións que consideren oportunas.

Ningún comentario:
Publicar un comentario