CULTURA
Peitieiros inicia a Semana Cultural que precede ao XXIII Festival Folclórico Internacional
Peitieiros inicia a Semana Cultural que precede ao XXIII Festival Folclórico Internacional
As actividades comezan coa inauguración da Exposición sobre o ano Castelao
O Centro Cultural de Peitieiros inicia o luns día 15 a IV Semana Cultural que precede ao XXIII Festival Folclórico Internacional, que terá lugar o vindeiro sábado 20 de agosto, ás 20:00 horas.
Este luns 15 terá lugar, na sede do Centro Cultural en Peitieiros, o acto de inauguración da IV Semana Cultural e do XXIII Festival Folclórico. Neste acto procederase á inauguración da Exposición do Ano Castelao, unha das actividades da Semana Cultural que poderá ser visitada o propio día da inauguración e os días 17 e 18 de 20:30 a 22:00 horas e o día do Festival, 20 de agosto, de 12:00 a 13:30 e de 17:00 a 22:00. Ademais o día 20 realizarase unha visita guiada ás 18 horas.
A exposición contará con láminas e publicacións de e sobre Castelao. Trátase de materiais cedidos por diversas persoas: Manuela Rodríguez Pumar, Manuel Caride Correa ou o debuxante Tokio, que achegará debuxos orixinais elaborados para un audiovisual sobre “Cousas” nos anos 80. O escritor e Director do IEM Xulián Maure cede unha copia dun deseño realizado por Castelao para Lois Soto, inédito. Os escritores Miguel Anxo Mouriño e Marta Dacosta ceden, entre outros materiais, primeiras edicións de Galaxia nos anos 50.
A semana Cultural continuará coas seguintes actividades:
- Mércores 17 ás 22:00 h.: Monográfico de violín tradicional, impartido por Diego Bea Besada, en que fará unha aproximación á historia do violín en Galiza e á figura de Florencio, o Cego dos Vilares.
- Xoves 18 ás 22:00 h.: Canto popular e de taberna co grupo do CCV de Peitieiros e os Rilhacepas da Guarda.
Con estas actividades chegaremos ao día 20, en que decorrerá o XXIII Festival Folclórico Internacional. Todas as actividades terán lugar no local do CCV de Peitieiros, no adro da parroquia.
A IV Semana Cultural e o XXIII Festival Folclórico Internacional contan co patrocinio da Deputación Provincial de Pontevedra, Concellaría de Cultura de Gondomar e Comunidade de Montes de Peitieiros.

Ningún comentario:
Publicar un comentario