O PP DA GUARDA SOLICITA AO CONCELLO UNHA RECOLLIDA DE LIXO EXCEPCIONAL
Nesta fin de semana de festas, e limpeza previa dos colectores
Espectacular imaxe correspondente o "Domingo do Monte", na edición de 2015, na que se reflicte o poder de convocatoria da romaría das Festas do Monte Santa Trega, de A Guarda
Foto: José Carlos Castro Martínez
Infogauda / A Guarda
“A pesar de que no pleno de xullo de 2015 se aprobou unha moción presentada polo Partido Popular para que se tomasen as medidas necesarias por parte do Grupo de Goberno para solucionar de inmediato a falta de limpeza da Guarda, reforzando as operacións de limpeza, a desinfección dos colectores e aumentando a frecuencia de recollida de lixo nas zonas que o precisen, un ano despois A Guarda segue na mesma situación”, denuncia a voceira do PP da Guarda, Conchi Ortega Martínez.
“As queixas multiplícanse,- explica Ortega -, son moitos os veciños, hostaleiros e visitantes que se queixan do cheiro que desprenden os colectores do lixo e a mala imaxe que dan, pero o Goberno local segue facendo, lamentablemente, oídos xordos ás peticións dos veciños e do Partido Popular, que xa denunciou esta situación hai máis de un ano”.
De acordo coa nosa de prensa remesada no día de hoxe a Redacción deste xornal dixital, a voceira do Partido Popular preocúpalle “especialmente esta fin de semana, polas altas temperaturas que se prevén e pola afluencia de xente ao xuntarse dous festivos seguidos e as festas de A Guarda.
Por todo isto, o PP da Guarda presentou un rogo ao Goberno Municipal para que se cumpra a moción aprobada en 2015 e se limpen os colectores do lixo de forma urxente e se faga unha recollida excepcional nunha das fins de semana nas que se prevé un maior número de visitantes e tendo en conta que coinciden dúas xornadas festivas”.
“Cando ao alcalde se lle recrimina a falta de limpeza á que ten sometido o Concello, fala de recollidas excepcionais cando sexan necesarias pero ata o de agora non vimos que se cumprisen nunca. Esta fin de semana ten que programarse unha porque non podemos dar esa imaxe de suciedade aos visitantes, nin provocar incomodidades os veciños e porque os comerciantes e hostaleiros así o piden. A posta a punto dos colectores e a recollida extra é necesaria”, conclúe Conchi Ortega.

Ningún comentario:
Publicar un comentario