Desde este momento, o Executivo autonómico inclúe a parada no Plan de Transporte Metropolitano
A Xunta de Galicia restablece a normalidade da parada do autobús metropolitano da liña A Guarda-Vigo-A Guarda no Instituto Mañufe da localidade pontevedresa de Nigrán
A regularidade das liñas que pasan pola parada no Instituto Mañufe das liñas 18 e 19 xa está a funcionar de maneira correcta
Esta corrección levouse a cabo tan pronto os técnicos da Dirección Xeral de Mobilidade comprobaron o erro de ubicación da mesma, situándoa no Concello de Nigrán
Infogauda / Val Miñor
A consellería de Infraestruturas e Vivenda, a través da Dirección Xeral de Mobilidade, regularizou a parada do autobús metropolitano da liña A Guarda-Vigo-A Guarda no Instituto Mañufe da localidade pontevedresa de Nigrán, polo que hoxe mesmo xa está en funcionamento. Desde este momento, o Executivo autonómico inclúe a parada no Plan de Transporte Metropolitano.
Tras as solicitudes dos usuarios desta liña, relativas a dita parada, a Xunta comprobou que existía un erro na ubicación da mesma e que a parada pertence ao Concello de Nigrán, non a Gondomar, tal como foi considerada nun principio.
Así, os inspectores da dirección xeral de Mobilidade certificaron a localización física de dita parada e tendo en conta o previsto no artigo 105.2 da Lei 30/1992, de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, procedeuse á corrección de oficio deste erro, que afectaba ás liñas 18 e 19.
Ningún comentario:
Publicar un comentario