CURSO DE COIDADOS PERSOAIS: “INTELIXENCIA EMOCIONAL”
Comezará o martes día 20 de setembro
Asociación Érguete Baixo Miño / A Guarda
O martes día 20 de setembro, a Asociación Érguete Baixo Miño a través do Programa “Conectadas 2016” da Deputación de Pontevedra, comeza un novo Curso de Coidados Persoais “Intelixencia Emocional”.
Este curso está encamiñado a potenciar a participación e promoción das mulleres e favorecer as relacións interpersoais en igualdade. Como obxectivos do curso destacamos :
- Favorecer o intercambio de experiencias entre as persoas participantes creando espazos de encontro.
- Aprender a importancia das emocións positivas, xestión das emocións.
- Fomentar unha actitude positiva ante a vida e potenciar a autoestima.
- Mellorar as relacións coas demais persoas e aprender a valorarse máis.
- Sensibilizar acerca da igualdade de oportunidades entre mulleres e homes.
A duración do curso é de 35 horas, que se impartirán todos os martes dende o 20 de setembro ata o 20 de decembro, en horario de 18:30 a 21:30.
Inscríbete xa!!
Para máis información:
Asociación Érguete Baixo Miño
Rúa Colón, 20 – A Guarda (Pontevedra)
Teléfono: 986 614 407
e-mail: info@erguete.org
Ningún comentario:
Publicar un comentario