CULTURA
ÚLTIMOS DÍAS PARA VISITAR Á EXPOSICIÓN "CAMIÑOS DA IMAXE". ARQUIVO DE JOAQUÍN GARCÍA PORTELA "COSTIÑA"
Estará aberta este sábado día 13 de agosto, de 19:00 a 22:00 h. e o luns día 15, de 12:00 a 14:00 e de 19:00 a 22:00 h.
Vista parcial da sala de exposicións da Casa dos Alonso, onde se amosa a cámara de estudo e proxector de cinema que pertenceron a Joaquín García Portela "Costiña"
Foto: Infogauda
Infogauda / A Guarda
A exposición "Camiños da Imaxe". Arquivo de Joaquín García Portela "Costiña", comisariada por Proxecto Socheo e producida polo concello guardés, que desde o pasado día 22 de xullo e ata o día 15 de agosto, se pode visitar na Casa dos Alonso (Praza do Reló), de A Guarda, está a punto de concluir.
Cando xa se levan contabilizadas máis de 1.000 visitas a esta exposición, queda de manifesto o interese que despertou o material cinematográfico, fotográfico e mesmo documental, que nela se amosa, xa que moitísimas persoas puderon acceder non soio ás fotografías que se poden ollar na sala, senón o álbum dixital con máis de 500 imaxes de Joaquín García Portela "Costiña", dixitalizadas a partires de placas de vidro e tamén de negativos en celuloide. Moitos visitantes do noso pobo, mesmo contribuiron á identificación de veciños cuxas fotografías foron feitas por "Costiña", o longo de súa traxectoria como fotógrafo profisional na nosa vila.
Mención especial merecen as imaxes cinematográficas, igualmente dixitalizadas, que poden visionarse na sala de proxeccións, onde ademáis de Celia e Consuelo García Ferreira - fillas de "Costiña" -, o seu autor, amósanos como era A Guarda fai cáseque 90 anos. Son todo un tesouro que por espazo de uns 52 minutos nos reflicten esceas dunhas tenrura fraternal, recunchos do noso pobo, tanto no barrio de pescadores como da aldea, que nos dan unha ideia de como se vivía na Guarda, por aquel entón.
A exposición está a punto de clausurarse. Compre ter en conta que si ben o domingo día 14, por celebrarse a romaría da Festa do Monte Santa Trega, a exposición non estará aberta, tódalas persoas que o desexen ainda terán oportunidade de disfroitar dela este sábado día 13, de 19:00 a 22:00 horas e o luns día 15, de 12:00 a 14 horas e de 19:00 a 22:00 horas, xa que por ser o último día, desde o Concello de A Guarda decidiron abrir en horario de mañá e de tarde.
A familia de Joaquín García Portela "Costiña", agradece vivamente a tódalas persoas e entidades que fixeron posíbel que esta exposición se pudese desenvolver. Agradecemento extensíbel a tódolos veciños e visitantes que acudiron a esta mostra que é unha homenaxe a unha persoa excepcional, un gran fotógrafo e sobor de todo, un home adiantado o tempo que lle tocou viver.
A familia de Joaquín García Portela "Costiña", agradece vivamente a tódalas persoas e entidades que fixeron posíbel que esta exposición se pudese desenvolver. Agradecemento extensíbel a tódolos veciños e visitantes que acudiron a esta mostra que é unha homenaxe a unha persoa excepcional, un gran fotógrafo e sobor de todo, un home adiantado o tempo que lle tocou viver.

Ningún comentario:
Publicar un comentario