3 de ago. de 2016

A GUARDA









REGULAMENTO  

CARREIRAS POPULARES FESTAS DO MONTE TREGA 2016 

ANDAR - MARCHAR - CORRER    

 O Atletismo TREGA,  o sábado día 6 de agosto do ano 2016 a partir das 18 horas, dirixe e controla as carreiras populares Festas do Monte, con autorización e patrocinio da Asociación Veciñal Cultural e Deportiva O CANCELÓN. 

 As inscricións, serán ilimitadas nas categorías menores a partir da categoría promesaso límite será 400 atletas edeberán efectuarse por correo electrónico trega@trega.es. (Tf. información 650 794 421-664 865 003). 

 Constará de nome, apelidos, data de nacemento completa, DNI, residencia, Club, nº de ficha atletas federados, nº de teléfono, email, (revista dixital e talla de camiseta a partir do ano 2000). O Trega reservarase o dereito de non inscribir a que non cubra correctamente os datos requiridos e, polo tanto, non poderá participar na proba. 

 O prazo péchase o día 4 a partir das 19 horas. Non se inscribirá ningún atleta fora de prazo pola imposibilidade de tramitar o seguro de accidentes.Se algún atleta inscrito a última hora non pode participar agradecemos a baixa urxente con aviso por email, ou teléfono, para evitar o gasto do seguro.



CATEGORÍAS
ANO
NACEMENTO
DISTANCIA
APROXIMADA
SAÍDA
APROXIMADA
AGASALLO

PULGAS MULLERES
2011/2015
100 m
18:00 h
MEDALLAS





PULGAS HOMES
2011/2015
100 m
18:10 h
MEDALLAS





PRE-BENXAMINS MULLERES
2009/2010
400 m
18:20 h
MEDALLAS


PRE-BENXAMINS HOMES
2009/2010
400 m
18:40 h
MEDALLAS





BENXAMÍNS MULLERES   e HOMES
2007/2008
600 m
18:50 h
TROFEOS


INFANTILES  MULLERES e HOMES
2003/2004
2.400 m – 2 V
19:00h
TROFEOS
CADETES MULLERES e HOMES
2001/2002
2.400 m – 2 V
TROFEOS

PROMESAS MULLERES  e HOMES
94/95/96/97/98/99/2000
7.339 m
19:15 h
TROFEOS
SENIOR MULLERES  e HOMES
1993 ata veterano
TROFEOS
VETERANOS HOMES – 35/44
35 a 44 anos
TROFEOS
VETERANOS HOMES – 45/54
45  a 54 anos
TROFEOS
VETERANOS HOMES – 55
55 anos   e mais
TROFEOS
VETERANAS MULLERES – 35/44
35 anos a 44 anos
TROFEOS
VETERANAS MULLERES - 45
45 anos e mais
TROFEOS

ALEVINS  MULLERES  e  HOMES
2005/2006
1.000 m
19:20 h
TROFEOS



1. A secretaría estará na alameda de A Guarda. Os atletas participantes estarán colocados 5´antes da saída da súa proba. 
2. De pulgas ata cadetes a inscrición será gratuíta. Na carreira absoluta terase que pagar unha inscrición de 4 €, con dereito a  recibir unha subscrición gratuíta durante 3 meses por acordo acadado con Outside Comunicación (editor da revista corricolari, es correr) en formato dixital. Para que este agasallo poida levarse a cabo, cederemos teus datos (Correo electrónico) a Outside Comunicación, S.L., se non estas de acordo terás que comunicalo na ficha de inscrición. De 7 € con dereito a revista dixital e camiseta ata fin de existencias. 
3. O pago será no mesmo día que se retira o dorsal, facendo o pagamento con cartos xustos. 
4. Tódolos dorsais serán entregados polo atletismo Trega.  5. Os dorsais terán que ser devoltos cando rematen a carreira. 
6. Os premios serán: medallas para os tres primeiros clasificados en Pulgas e Pre Benxamíns  e trofeos para os tres primeiros clasificados do resto de categorías. Un atleta só ten dereito a un premio ou trofeo. Serán entregados pola Comisión de Festas. 
7. Tódolos atletas federados participantes deberán ter dilixenciadas a súa licenza federativa para a tempada 2015/2016. 
8. Os participantes traerán imperdibles para suxeitar o dorsal, a organización non facilitará imperdibles. 
9. Os gastos de desprazamento correrán a cargo de cada Club, e participantes. 
10. En tódalas carreiras da xornada haberá unha clasificación, por categoría ou proba. 
11. Os resultados enviaranse por correo electrónico a quen os solicite. Estarán colgados na  web www.trega.es 
12. Dado o carácter popular non se admiten reclamacións, esperando dos participantes o mellor espírito deportivo. 13. Admitiranse propostas e criticas, agradecendo que sexan por escrito. 
14. Será motivo de descualificación  calquera infracción grave ou comportamento antideportivo que estimen os xuíces da proba.Os participantes estarán obrigados a presentar documentación se a solicita a dirección da proba. 15. Os circuítos serán: saídas e chegadas na rúa Rosalía de Castro. Correrán pola R/ Rosalía de Castro  e  Avda. de Portugal. A Carreira absoluta será unha volta ao monte Trega, con dirección a Cruzada. 
16. O Trega non se fan responsables dos posibles danos morais,físicos, psicolóxicos que por motivo da competición poidan sufrir os participantes, ou ocasionar a outros, sen prexuízo dos dereitos que puideran corresponder ante o seguro deportivo dos atletas federados. A Organización ten contratado un seguro de accidentes para os participantes da proba 17. As probas estarán controladas polos voluntarios da AVCD o Cancelón e do Atletismo Trega. 
18. O avituallamento estará en Camposancos aproximadamente no km 5.2 km. 
19. O día 9/08/2016 a partir das 19 h, realizarase a 3ª andaina Festa do Monte.
Terá un percorrido entre 5 e 8 km.,  non é competitiva A saída e chegada será na Alameda de A Guarda. Aconsellamos que os camiñantes leven  frontal de alta visibilidade. 
A inscrición da andaina será de 2 €. 
Realizarase un sorteo entre os participantes para a festa do percebe. 
Non se inscribirá a ningún camiñante fora de prazo pola imposibilidade de tramitar o seguro de accidentes. 
O prazo de inscrición remata o día  4 de agosto. 
20. Colaboran en esta proba: Coca Cola, Corricolari es Correr, Policía Local, Protección Civil. 
21. AVCD o Cancelón e S.A.Trega agradece por anticipado a súa participación e deséxalles que gocen do atletismo popular, e da andaina. 
22. Colaboran en esta proba: Coca Cola, Corricolari es Correr, Policía Local, Protección Civil, 
23. A participación nas carreiras populares,  e na andaina implica a total aceptación do presente regulamento. Este regulamento pode ser modificado para súa mellora.

Ningún comentario:

Publicar un comentario