7 de xul. de 2016

TOMIÑO

A IV FESTA DAS ASOCIACIÓNS DE TOMIÑO TERÁ LUGAR ESTE FIN DE SEMANA CUN PROGRAMA MOI COMPLETO



Lorena Quinteiro / Tomiño
 
A Asociación de Comerciantes de Tomiño (Adeto) organiza coa colaboración do Concello de Tomiño, a IV Festa das Asociacións de Tomiño.


PROGRAMA DE ACTIVIDADES PARA OS DÍAS 8, 9  E 10 DE XULLO DE 2016

VENRES 8:
A partir das 18.30h – Praza da Mina

· Entroido de verán para os nenos, con xogos e actividades organizados por Xoaniñas, con música, pintado de caras, talleres de máscaras, etc. (Libre participación).

A partir das 22.30h – Praza do Seixo

· Desfile de Entroido de verán amenizado con música con DJ Adrian Mesu. Participarán compoñentes das comparsas Alecrin, Estrelas da Noite, Luces de Tomiño, Revolución Show e Ciklon, así como das treboadas Baixo Miño, Os da Fonte do Frade e Os Terribles de Tomiño.

 Poderán participar tamén no desfile e na festa todas aquelas persoas que así o desexen.

SÁBADO 9 e DOMINGO 10:
De 10.00 a 21.00 h – Praza do Seixo e Rúa A Guarda

· Feira de Oportunidades e artesanía, con ofertas en xoguetería, zapatería, roupa, complementos, cosmética, entre outros.
·  Exposición das Asociacións de Tomiño.
·  Exposición de Somosarte no Mercado.
·  Exposición das Mulleres Rurais no Mercado.
·  Haberá inchables para os nenos


SÁBADO 9 DE XULLO:

De 11.00 a 13.30 h e de 18:00 a 20:30 h – Praza do Seixo

·  Actividades para os nenos organizados por Festa A Esgalla


De 18.30 a 21.15 h – Praza da Mina

·  IV Carreira Popular, con aproximadamente 200 corredores inscritos, en varias categorías que van dende nenos de dous anos ata maiores de 70 anos.

· Entre as categorías infantís e a carreira absoluta haberá unha clase de Zumba ó aire libre organizada por Ximnaxio Vip.

De 21:30 h ata o remate – Praza do Seixo

· XXIII Festival de Folclore Internacional coas actuacións de:

         Escola de Gaitas e Danza Virxe do Alivio
         Asociación Cultural e deportiva A Meda
         Rancho Folclorico Casa do Povo de Aveiras da Cima


DOMINGO 10 DE XULLO:
De 11.00 a 13.30 h e de 18:00 a 20:30 h – Praza do Seixo

·  Actividades para os nenos organizados por Festa A Esgalla

A partir das 12 h

· Pasarúas con moito ritmo a cargo da batucada viguesa Lenha Verde.

As 20.30 h

·      Actuación da Escola Marcando Pasos de Baiona.

 Dende ADETO explican que “o obxectivo destas actividades é realzar a asociación a través de actividades deportivas, sociais e culturais que dinamicen o núcleo urbano e atraian a xente de fora de Tomiño, beneficiando así ós seus asociados” e dende o Concello reitérase o apoio que se lle da a este tipo de eventos, ademáis da repercusión que causan no comercio local.

 Colaboran coa organización deste IV Festa das Asociacións de Tomiño, Policía Local, Protección Civil, Ambulancias Baixo Miño, Lito Sport, Supermercado Froiz, supermercado DIA de Tomiño, Ximnasio VYP, DIFERSA, Bodegas Altos de Torona, as distintas Comparsas de Tomiño e Asociacións.

Ningún comentario:

Publicar un comentario