4 de xul. de 2016

DEPORTES

HOCKEY LIÑA

A SELECCIÓN GALEGA DE HOCKEY LIÑA ACADA O 3º POSTO NO TORNEO DE TECNIFICACIÓN AUTONÓMICA



A reivindicación de un pavillón na Guarda estivo presente no torneo disputado en Mislata (Valencia)

 Informa: Miguel Fernández Lomba / A Guarda

 A Selección Galega de Hockey Liña acadou o terceiro posto no Torneo de Tecnificación Autonómica disputado na pasada fin de semana en Mislata, Valencia. 

 Compre destacar a excelente actuación de Álex Baz e Lucas Moreira, ambos xogadores do clube A Guarda Hockey Liña. 

 A Selección da Comunidade Valenciana resultou gañadora do Torneo seguida da Selección de Catalunya amosando un nivel moi alto. 

 Dende o corpo técnico da Selección Galega destacan a boa disposición dos xogadores galegos, que con pouco tempo para preparar os compromisos, tiveron moi bo nivel no que sen dúbida foi unha fin de semana inesquecible para os xoves valores da canteira galega.

Ningún comentario:

Publicar un comentario