4 de xul. de 2016

DEPORTES

PIRAGÜISMO

DÚAS MEDALLAS DE PRATA PARA ARIADNA PEREIRA NA 1ª COPA DE ESPAÑA JÓVENES PROMESAS

Ariadna Pereira en plena competición

Informa (Fotografías e Redacción): Rosa Fernández Carrera

 Esta foi unha fin de semana moi intensa para os máis pequenos do slálom. Por un lado na localidade ilerdense de Arfa tivo lugar a 1ª competición da Copa de España de Jóvenes Promesas. O Club Deportivo Miño-Teixugos só enviou a esta competición a Ariadna Pereira, que participou na categoría infantil, tanto en kaiak como en canoa. 

 A Copa constou de dúas competicións cuxos resultados se sumaron para obter a posición final. Na competición do sábado Ari quedou segunda tanto en C1 coma en K1, no domingo acadou idénticas posicións. Estes magníficos resultados fixeron que volvera para a casa con dúas medallas de prata. 

 Na clasificación final por clubs os Teixugos quedaron no oitavo lugar. Destacar o papel do Penedo de Caldelas que quedou en primeiro lugar e do Tea de Mondariz que quedou terceiro, o que da fe do magnífico momento que atravesa o slálom galego. 

Alba Soutelo - a dereita da imaxe - co seu trofeo

 Por outro lado, tamén acudiron os Teixugos ao Campeonato Nacional de Esperanças de Slalom, correspondente a liga portuguesa de slálom, que se celebrou na localidade de Vizela no domingo. Os resultados non puideron ser mellores. Ainhoa Barreiro gañou en K1 Iniciado muller, Alba Soutelo foi segunda na mesma categoría e Samuel Castro rematou cuarto en C1 cadete, posto moi meritorio pois pola súa idade correspondíalle a categoría iniciado, é dicir dúas categorías máis baixo.

Ningún comentario:

Publicar un comentario