9 de xul. de 2016

BAIONA

RECANTO DA ARTE

O PINTOR CAÍNO VASCONCELLOS E  O ESCULTOR LUIS ÁLVAREZ, EXPOÑEN NA GALERÍA SARGADELOS

A exposición pódese visitar ata finais deste mes de xullo 


Ricardo Rodríguez Vicente / Baiona

 A Galería Sargadelos, da Real Vila de Baiona - Rúa Carabela A Pinta -, acolle ata finais deste mes de xullo, unha mostra de pinturas de Caino Vasconcellos e de esculturas de Luis Álvarez.


 Caino Vasconcellos Cabral presenta unhas 30 obras de temática diversa, pintadas ao óleo, na que ás figuras - sobor de todo maternidades e nenos de familias mariñeiras - teñen un protagonismo especial, e as paisaxes, constitúen, xunto coas romarías e mariñas, a demostración intanxíbel da capacidade creativa do pintor baionés, con vivenda-estudo no Laureiral.


 Luis Álvarez Martínez (Tomiño, 1979) presenta unha mostra de esculturas de pequeno formato, realizadas en bronce, granito, mármore, ..., nas que o autor amósanos cavidades, elasticidade, volumes,..., como "Inspiración",  escultura realizada en granito Silvestre Vilachán na cal o autor "(...) intenta transmitir ese momento da inspiración que te fai voar, unha éxtase onde o teu corpo se transforma nun pano que leva o vento guiado pola imaxinacion. O motivo ou a base deste momento representase nesta obra por un fragmento de metal xustificando o por qué desta situación (...)".


 Caíno Vasconcellos e Luis Álvarez, son dous artistas que nos brindan súas creacións para que as contemplemos e atopemos nos seus cadros ou nas esculturas, á satisfacción de saber que son pezas irrepetibles.

 Suxerimos a tódalas persoas que gosten apreciar Arte, que visiten á exposición conxunta que nos ofrecen Caíno Vasconcellos e Luis Álvarez na Galería Sargadelos.

Ningún comentario:

Publicar un comentario