8 de xul. de 2016

A GUARDA

O PP da Guarda celebra a apertura do Centro de Interpretación da Fortaleza de Santa Cruz, valora o esforzo das administracions  realizado estes anos. 

Critica que desde o Goberno local non se ofreza información turística nin haxa paneis informativos a disposición dos visitantes do Trega.

Na imaxe, un evento motociclista, no interior da Fortaleza de Santa Cruz (A Guarda)
Foto: P.P. A Guarda

Infogauda / A Guarda

 A voceira do PP da Guarda, Conchi Ortega Martínez, celebra a inauguración do Centro de Interpretación da Fortaleza de Santa Cruz e valora o esforzo das administracións como a Xunta de  Galicia o Ministerio de Fomento e o Concello da Guarda, que participaron no proxecto. 

 Ortega considera que agora é o momento de promocionalo axeitadamente xunto con outros puntos de interese turístico e cultural da Guarda como o Monte Santa Trega, o Museo Arqueolóxico e o Museo do Mar.  

 Nesta liña critica que desde o Goberno local non se ofreza información turística nin haxa paneis informativos a disposición dos visitantes do Trega. 

 “Teñen - afirma Ortega - que promover visitas á vila e que os visitantes non vaian só ao Monte de Santa Tegra. Pechar a caseta de turismo  non foi a mellor idea.  

 Os populares propoñen ao Goberno local  “a colocación de uns vinilos cun plano da Guarda, onde se contemplen todos os puntos de interese turístico da Guarda como medida de urxencia, non definitiva

 Neste sentido consideran que o Goberno local debería crear xa unha mesa de Turismo para que xurdan novas ideas que se poidan poñer en marcha e non deixar o potencial turístico do concello á súa sorte. Se aprobou en pleno a proposta do Partido Popular pero non se trouxo o regulamento de novo ao pleno despois de moitos meses

 A voceira popular considera ademais que se deberían fomentar tamén o poboado de Mergelina, e o Camiño Portugués pola costa. Duas boas noticias do ano 2016, xunto hoxe ca apertura do Centro de Interpretación da foraleza, que non están sendo aproveitadas polo goberno local

 “Temos todas as oportunidades e un concello con moito potencial, o Goberno local debe asumir a súa responsabilidade e facer todo o que estexa na súa man para aumentar o número de visitantes, porque como de seguro non aumenta é facendo o que fan neste momento, é dicir, nada”, conclúe Conchi Ortega. 

Ningún comentario:

Publicar un comentario