Remata a folga indefinida en Viza tras o acordo sobre o novo convenio
Na imaxe os traballadores reunidos en asemblea onde se acadou o acordo de desconvocar a folga tras o acordo acadado coa empresa sobre o novo convenio colectivo
Foto: C. I.G.
Iván G. Riobó / O Porriño
A asemblea de traballadores/as de Viza empresa do sector da automoción con sede no Porriño, decidiu na noite do venres día 24 de xuño, por unanimidade, desconvocar a folga indefinida tras o acordo acadado coa empresa sobre o novo convenio colectivo.
O acordo laboral, que terá unha vixencia de dous anos, establece un incremento salarial para 2016 de 50 euros lineais para todos/as os traballadores/as, máis un complemento para o persoal obreiro de 40 euros ao mes.
Para o 2017, a suba pactada fixa 50 euros lineais para todo o persoal indefinido. Ademais, a empresa de capital galego comprométese a manter a carga de traballo para garantir o actual nivel de emprego.
Ningún comentario:
Publicar un comentario