SOCIEDADE
VICENTE SOBRINO VICENTE, CEN ANOS DE VITALIDADE
A concelleira de Servizos Sociais, Sanidade e Igoaldade, María Teresa Vicente Baz, fíxolle entrega de un ramo de flores a Vicente Sobrino Vicente
Vicente Sobrino Vicente foi cumplimentado polo alcalde Antonio Lomba Baz, quen lle entregou unha praca conmemorativa do centenario
Marita e Vicente Sobrino Vicente, os dous únicos supervivintes de 11 irmáns que foron
Vicente Sobrino Vicente e súa irmá Marita, xunto con unha representación da familia que compartiu á gozosa celebración do seu centenario
Ricardo Rodríguez Vicente / A Guarda
Desde fai uns días, o municipio de A Guarda conta con un novo veciño que acadou felizmente, un século de existencia. Trátase de Vicente Sobrino Vicente, todo un cabaleiro, de porte elegante, e sinxelo o mesmo tempo, cercano, educado,...- entre outros moitos valores persoais -, que sempre ten un sorriso e unha verba amable para todo o mundo. Él, xunto con Marita, son os únicos supervivintes dos 11 fillos que tivo o relembrado médico e emprendedor guardés, D. José Ramón Sobrino Arias.
E como corresponde a un intre tan importante na vida dunha persoa que logrou resistir todo un século, Vicente Sobrino Vicente celebrou seu cumpleanos con unha ampla representación da súa familia. Por iso, procedentes de diversos lugares do estado español (Madrid, Asturias, Burgos, Ourense, Vigo,... ), achegáronse ata A Guarda, os seus familiares para felicitar a Vicente e compartir nún coñecido restaurante da Rúa do Porto, agarimo, lembranzas, vivencias e un saboroso xantar. Tamén acudiron o alcalde de A Guarda, Antonio Lomba Baz e á concelleira de Servizos Sociais, María Teresa Vicente Baz, para facerlle entrega, en nome do concello guardés, de un ramo de flores e unha placa conmemorativa.
Ningún comentario:
Publicar un comentario