11 de xuño de 2016

A GUARDA

O BNG considera deficiente rehabilitación da rúa Manuel Álvarez na Guarda  

Ángel Luis Baz Vicente (concelleiro portavoz do BNG na Corporación Municipal): “Con esta obra a Guarda volve a perder máis de 500 m² de espazos para o paseo de persoas”  

Ángel Luiz Baz Vicente, concelleiro portavoz do BNG na Corporación municipal de A Guarda

Infogauda / A Guarda 

 Nesta semana veñen de dar comezo unhas obras na rúa Alcalde Manuel Álvarez Vicente. Unha importante arteria urbana da vila de A Guarda, que ademais de soportar un considerable tráfego de vehículos, ven sendo unha rúa pola que adoitan transitar habitualmente moitas persoas, tanto residentes nesa zoa como as que acuden os diferentes establecementos existentes no entorno, ou as que adoitan camiñar no seu tempo de lecer. 

 En decraracions a este xornal dixital, Ángel Luis Baz Vicente, concelleiro portavoz do BNG no Concello guardés dixo: O Bloque Nacionalista Galego considera insuficiente o proxecto de rehabilitación que está a levar a cabo o grupo de goberno do PSOE na rúa Manuel Álvarez. 

 Para o BNG estamos ante unha das poucas rúas de amplas e axardinadas beirarrúas que ten a Guarda e que en breve pasará a ser outro exemplo máis de despropósito urbanístico guardés.  

 Segundo afirmou o concelleiro nacionalista “o proxecto de rehabilitación que está a levar a cabo o PSOE consiste básicamente no recorte das beirarrúas duns 500 m² para destinar a aparcamento e a renovación das acometidas das casas e edificios. Resulta sorprendente que nin tan sequera se vaia a modificar a totalidade do firme das beirarrúas, unha obra que debera permanecer no tempo.  
 Para o BNG esta obra é claramente insuficiente e na liña dos anteriores gobernos do PP e do PSOE, coa teima de atallar con “solucións fáciles” e á lixeira problemas de ordenación urbanística, convertendo a Guarda nun vello “Scalestrix” de carreiras sen pés nin cabeza

 “Nós cremos - comentou Ángel Luis Baz - noutro xeito de construír pobo, temos como modelo aos gobernos de Tomiño e Pontevedra: souberon transformar as súas poboacións para poñelas ao servizo das persoas, cidades e pobos para vivilos, algo que o Alcalde da Guarda aínda non é capaz de comprender”.  

 Nesa liña Ángel Luis Baz Vicente non dubida en salientar: O BNG considera que o PSOE e o PP teñen tomado decisións erróneas que levan hipotecando á Guarda dende hai anos: Concepción Areal, Rúa do Porto, Alameda da Guarda,..., cunha visión do urbanismo desfasado e usando vellas fórmulas sen ningunha programación e deixando á improvisación, tal e como está a suceder coa rehabilitación de Manuel Álvarez.   

Ningún comentario:

Publicar un comentario