O EQUIPO DO CLUB SAN XEROME ACADA 9 MEDALLAS NO CAMPIONATO DE ESPAÑA DE ATLETISMO DA FEDDI
Atletas do Club Polideportivo San Xerome Emiliani que participaron no Campionato de España de Atletismo da FEDDI
Daniel Lomba Alonso / A Guarda
Do 19 ao 22 de maio, celebrouse en Cartagena o Campionato de España de Atletismo da FEDDI. Para esta competición o Club San Xerome Emiliani presentou unha expedición de sete atletas, acompañados polo adestrador do Club, Roberto Martínez Trigo, e Armando Verde Moreira coma voluntario.
Trala disputa o mércores día 18 do Campionato Galego de Atletismo en Vilagarcía, onde o Club San Xerome obtivo 13 medallas, sete dos nosos atletas con maiores posibilidades competitivas desprazáronse ata a Cidade de Cartaxena percorrendo 1000 quilómetros, para disputar o Campionato de España. A pesar das condicións da viaxe, do esforzo acumulado do día anterior, de estar a piques de rematar a tempada e do nivel competitivo do Campionato, o Club San Xerome obtivo 9 medallas. Este resultado énchenos de orgullo polos nosos deportistas, polos preparadores e voluntarios, toda a xente que nos apoia no camiño do deporte. Se estar xa é un éxito, cando se conseguen estes resultados (medallas e postos destacados en cada proba), non hai verba que poida expresar todo o agradecemento para o que os nosos atletas están a facer no deporte do Baixo Miño, e o seu posicionamento a nivel autonómico e nacional.
O Club Polideportivo San Xerome Emiliani conta con máis de 30 deportistas da comarca do Baixo Miño (A Guarda, Tomiño, O Rosal, Tomiño, Tui e Oia), que practican ademais de atletismo, baloncesto, remo, natación, boccia, fútbol e padel. Os obxectivos do Club deportivo son: promoción da saúde, sensación de benestar, potenciación das relacións interpersonais, fomento da amizade, promoción e mellora das capacidades, autonomía persoal, autorrealización persoal, cohesión grupal e integración social e visibilidade.
Traballamos para que calqueira persoa con discapacidade, independentemente da súa idade, teña a oportunidade de practicar deporte e competir se ese é o seu desexo. Grazas a todos por estar aí.
MEDALLEIRO CLUB POLIDEPORTIVO SAN XEROME:
María F., OURO en disco, BRONCE en peso e BRONCE en xavelina, categoría absoluta.
Raúl Mansinho, PRATA en 100 metros lisos, PRATA en salto de lonxitude e BRONCE en 200 metros lisos, en categoría junior (sendo aínda infantil).
Óscar Moure, PRATA en 200 metros lisos e BRONCE en 100 metros lisos, categoría junior.
Fabio Martínez, BRONCE en lanzamento de disco, 4º lanzamento de peso e 5º lanzamento de xavelina, categoría absoluta. E seleccionado para representar a Galicia no Campionato de Atletismo de Seleccións Autonómicas.
Maite Santos, 7ª lanzamento de disco, 9ª en 400 metros lisos e 10ª en 800 metros lisos, categoría absoluta.
Borja Cadilla, 9º en 10.000 metros lisos e 11º en 5.000 metros lisos, en categoría absoluta.
Borja Cadilla, 9º en 10.000 metros lisos e 11º en 5.000 metros lisos, en categoría absoluta.
Fabián González, 10º en 10.000 metros lisos e 13º en 10.000 metros lisos, en categoría absoluta.
Equipo San Xerome masculino (Óscar, Raúl, Borja e Fabián), 6º en 4x100 metros lisos, categoría competición.
GALERÍA FOTOGRÁFICA
GALERÍA FOTOGRÁFICA
Ningún comentario:
Publicar un comentario