1 de abr. de 2016

A GUARDA

ANUNCIO

Convocatoria para a contratación dunha praza de limpador/a do Monte Santa Trega

 O Padroado Municipal do Monte Santa Trega anuncia a convocatoria dun proceso selectivo para a contratación dunha praza de limpador/a do Monte Santa Trega ata o 31 de decembro de 2016. O prazo de presentación de solicitudes remata o vindeiro día 11 de abril de 2016. As bases da convocatoria e o modelo de solicitude están a disposición dos interesados no Departamento de Secretaría do Concello da Guarda e na páxina web municipal.

Ningún comentario:

Publicar un comentario