Asemblea Aberta do BNG no Rosal sobre o “Catastrazo”
O vindeiro xoves día 31 de marzo, ás 20:00 horas, nos baixos do Concello do Rosal
Infogauda / O Rosal
O vindeiro xoves día 31 de marzo, ás 20:00 horas, nos baixos do Concello do Rosal, celebrarase unha Asemblea Aberta sobre a afectación que o Proceso de Regularización catastral, denominado “catastrazo”, está tendo nos bens rústicos e urbanos.
"Coñecedores da forte incidencia que está tendo no noso concello, convocamos a todos os veciños e afectados a esta asemblea aberta, co obxectivo de coñeceres de primeira man a súa situación e darlles traslado das medidas que levaremos ó vindeiro pleno municipal co fin darlle solución da maneira máis efectiva a esta situación", afirmaron desde o Grupo Municipal do Bloque Nacionalista Galego (BNG), no Concello do Rosal.

Ningún comentario:
Publicar un comentario