O COLECTIVO MOVIMENTO TRICOLOR DO BAIXO MIÑO DEMANDA O CUMPLIMENTO DA LEI DA MEMORIA HISTÓRICA
Para elo ven de presentar unha moción para seu debate na vindeira sesión plenaria da Corporación Municipal, propondo que no plazo máximo de tres meses, o Concello de A Guarda proceda e retirar tódolos símbolos franquistas que existen no termo municipal
Infogauda / A Guarda
Para seu debate, e aprobación, se procede, na vindeira sesión plenaria ordinaria do da Corporación Municipal do Concello de A Guarda, o colectivo Movimento Tricolor do Baixo Miño, ven de presentar no rexistro municipal de entradas á seguinte moción:
CUMPLIMENTO DA LEI 52/2007 DA MEMORIA HISTÓRICA
Dende fai bastante tempo, temos constancia, que diversos colectivos sociais, sindicais e políticos, se teñen dirixido o Concello de A Guarda, solicitando o cumplimento da Lei 52/2007 da Memoria Histórica que no seu artigo 15 de SÍMBOLOS E MONUMENTOS PÚBLICOS, Punto 1, sinala: “(…) As administracións públicas, no exercicio das súas competencias, tomarán as medidas oportunas para a retirada de escudos, insignias, placas e outros obxetos (…)".
Polo anterior, consideramos que non é de recibo, que a día de hoxe, que tendo no noso pobo un goberno “progresista”, do mesmo partido de quen elaborou a Lei, poidamos observar en distintos rincóns de A Guarda, placas en fontes, fachadas de vivendas –incluído o Concello- recordando as obras feitas na época da dictadura.
Vivendas sociais, fontes, lavadeiros, rúas, etc., siguen mantendo placas, co xugo e as frechas, sin que o Goberno do PSOE local escoite a solicitude dos colectivos que teñen presentado escritos nese sentido.
O día 3 de novembro de 2004, o Congreso dos Diputados na Comisión de Administracións Públicas, aprobou unha Proposición Non de Lei dos Grupos Parlamentarios de ERC e Izquierda Verde-Izquierda Unida ca aceptación dunha enmenda de sustitución do Grupo Socialista sobre a retirada inmediata dos símbolos da dictadura franquista dos edificios públicos donde ainda persisten. O texto aprobado dí o seguinte:
"Instar al Gobierno a que proceda a la retirada, en el plazo más breve posible a lo largo de la presente legislatura de los símbolos procedentes de la dictadura franquista, por su carácter inconstitucional, que todavía perduran en los edificios titularidad del Estado, con atención a las determinaciones legales vigentes en materia de protección del patrimonio histórico-artístico.
Anteriormente, la Ley 33/1981 del Escudo de España y el Real Decreto 2964/1981 que la desarrolla previeron un plazo de tres años para retirar los escudos franquistas de cualquier edificio público. Ese plazo tuvo su fin en 1984 y todavía siguen existiendo símbolos franquistas en la geografía española".
O Pleno do Concello de A Guarda, manifesta seu total desacordo ca presencia de símbolos franquistas de calquer natureza no Concello, e en cumplimento das normas denantes referidas, e da potestade que o propio Concello ten, procederá en breve a eliminar do termo municipal todo aquello que faga referencia a dictadura en calquer das súas manifestacións, polo que somÉtese a consideración do Pleno a aprobación do seguinte:
ACORDO:
O Concello de A Guarda, procederá no plazo máximo de TRES (3) MESES, a retirar tódolos [símbolos] franquistas que existen no seu termo a partir da aprobación desta moción.
En A Guarda, a 28 de Marzo do 2.016
Queremos deixar craro que desexamos que a simboloxía pública debera ser ocasión de encontro e non de enfrontamento, ofensa ou agravio.
Fabián González Alvarez
Sr. Alcalde-Presidente do Concello de A Guarda

Ningún comentario:
Publicar un comentario