19 de feb. de 2016

A GUARDA

O vindeiro martes celébrase na Casa dos Alonso, a primeira charla do ciclo “Manual de Instrucións para educar”   

O tema a tratar será “Mellorando a comunicación na familia: coma falar para que os fillos escoiten e como escoitar para que os fillos falen”. Comeza ás 19:30 horas. 



Infogauda / A Guarda

O martes, día 23 de febreiro, ás 19:30 h., na Casa do sAlonso, comezará o ciclo de charlas “Manual de Instrucións para educar” organizado a través do Programa Familiar e a OMIX do Concello de A Guarda. A primeira destas xuntanzas leva por título “Mellorando a comunicación na familia: como falar para que os fillos escoiten e como escoitar para que os fillos falen”.  

 Como sucederá no resto de encontros o terapeuta familiar Esteban Figueirido será o encargado de presentar o tema aos participantes e quen ofrecerá pautas sinxelas para facilitar a convivencia familiar.  

 O obxectivo deste ciclo de charlas é compartir entre os participantes experiencias e ofrecer un espazo de reflexión e intercambio para axudar aos pais, nais e educadores a lograr o pleno desenvolvemento dos nenos. Nestas xuntanzas se aportarán vías para resolver conflitos de forma construtiva, reforzando a comunicación e o diálogo como claves na relación entres nais e pais con fillos e fillas. Nestes encontros falarase das normas e dos límites coma un dereito dos rapaces e rapazas ofrecendo tamén ferramentas alternativas para poder achegarse á realidade de eses nenos e nenas.  
Seguintes citas  
Este ciclo está composto por catro charlas. Tras a do martes, o 29 de marzo terá lugar a charla “Ensinando a dicir non. Asertividade, normas e límites”, a seguinte é o 26 de abril e levará por nome “Pautas para fomentar a autoestima dos fillos e fillas”. 

 O ciclo de charlas se pechará o día 24 de maio co tema “Do berce á adolescencia. Ferramentas útiles con adolescentes”.  

 O Concello de A Guarda convida a todos os pais e nais, educadores/as e a todos aqueles veciños interesados na educación, a participar nestas charlas e axudar a crear un espazo enriquecedor no que falar e contar experiencias propias.

Ningún comentario:

Publicar un comentario