Continúa aberto o prazo para participar no desfile de Entroido de A Guarda
As categorías de comparsas e carrozas terán unha axuda de 200 euros. Todos os nenos que participen recibirán un pequeno agasallo
Comparsa guardesa nunha edición precedente do Desfile do Entroido
Foto: Infogauda
Infogauda / A Guarda
O prazo para participar no Desfile de Entroido que se celebrará o martes día 9 e que está organizado polo Concello de A Guarda, está aberto ata o próximo mércores, día 3 de febreiro, inclusive. Dende a Concellería de Cultura animan a todos os veciños da localidade a participar deste entroido e axudar a que estas datas festivas manteñan as tradicións guardesas pero tamén sumen novas iniciativas.
No desfile hai diferenciadas cinco categorías. As dúas primeiras -comparsas e carrozas- son as pensadas para os grupos máis numerosos. Os participantes nestas dúas seccións terán axudas económicas para facer os seus disfraces e carrozas. Nestas categorías, ademais, haberá premios para os dous primeiros clasificados.
Nas categorías de Grupo, Individual Adulto e Individual Infantil haberá premios para os seis mellores disfraces de cada clasificación.
Ademais, todos os rapaces e rapazas que participen no desfile, independentemente da categoría, levarán un pequeno agasallo.
Todos aqueles que estean interesados en participar no desfile só teñen que cubrir as inscricións no Departamento de Cultura do Concello de A Guarda.
O desfile comezará ás 17,30 horas dende a Esquina Famosa ata a Alameda. Ó término do paseo se darán os premios e ademais se contará coa actuación da orquestra Yukatan.
Ningún comentario:
Publicar un comentario