WHIPLASH ABRE O NOVO CICLO DO CINECLUB POLEIRO EN GOIÁN
Unha película de cinema americano independente dirixida por Damian Chazelle
Cineclub Poleiro / Goián
O xoves día 4 de febreiro, ás 21:30 horas arranca un novo ciclo do cineclub Poleiro no Auditorio de Goián coa película estadounidense Whiplash, con guión e dirección de Damian Chazelle.
PREMIOS: Destacan 3 Oscar ao mellor actor de reparto, montaxe e son, 2 Globos de Ouro, Mellor película e Premio do público no Festival de Sundance e Mellor director na Seminci de Valladolid.
SINOPSE: Conta a historia dun xove e ambicioso baterista de jazz que quere trunfar no elitista Conservatorio de música da costa Este. Marcado polo fracaso da carreira literaria de seu pai, alberga soños de grandeza. Cámbialle a vida cando o elixe un prestixioso profesor, coñecido polos seus rigorosos métodos de ensino, para formar parte do mellor conxunto de jazz do Conservatorio.
AS CRÍTICAS. Destacan a interpretación dos dous protagonistas.
Cinemanía, Rubén Romero: “Whiplash é una película desas que te deixan pasmado. ¿é a fita máis execrable da tempada ou a que mellor reflicte a nosa sociedad actual?
O xoves 3 de marzo o cineclub proxecta unha comedia sueca dirixida por Roy Andersson titulada Unha pomba pousou nunha ponla a reflexionar sobre a existencia.
PREMIOS: Mellor comedia nos Premios de Cine Europeo, Leon de Ouro no Festival de Venecia…
SINOPSE: Conta a vida de dous perdedores de entre 50 e 60 anos, dous vendedores de artigos de broma que viven nunha casa abandonada e teñen tres encontros coa morte. Como Don Quixote e Sancho, Sam e Jonathan lévannos a coñecer o destino do ser humano.
O xoves 7 de abril é o turno de Viaxe a Sils María, un drama francés protagonizado por Juliette Binoche e dirixido por Olivier Assayan.
Pechamos o ciclo o xoves 5 de maio con Augas tranquilas, unha película xaponesa dirixida por Naomi Kawase.
O BONO PARA AS CATRO PELÍCULAS CUSTA 10 EUROS
O cineclub Poleiro conta co apoio da Concellería de Cultura do Concello de Tomiño e da Federación de Cineclubes de Galicia.
Ningún comentario:
Publicar un comentario