14 de xan. de 2016

TURISMO

A Guarda elixida como unha das mellores escapadas para o 2016  

A publicación fala do “impresionante” Castro do Monte Santa Trega e dos paseos polo porto pesqueiro

Unha lectora ollando á reportaxe na publicación, na que destaca á doble páxina o xacemento arqueolóxico do Monte Santa Trega, de A Guarda
Foto: C.A.G.

Infogauda / A Guarda 

 O municipio de A Guarda foi escollido como unha das mellores escapadas por España para o 2016, pola publicación “¡Hola! Viajes”. 

 A revista seleccionou 52 rutas diferentes para facer en otras tantas fins de semana deste ano.  

 A ruta número 22, escollida para a fin de semana do 28 ao 29 de maio, leva por nome “Miradores del Baixo Miño” e nela resaltan a beleza de A Guarda, xunto as curiosidades de O Rosal e de Tui.  

 A devandita publicación convida a coñecer A Guarda, e destaca, por exemplo o castro Santa Trega como “o mellor e máis impresionante testimonio da cultura galaicorromana”. Ademais incita a visitar este monte “o atardecer cando o sol fúndese co mar”. A revista fala tamén das Festas do Monte Santa Trega e do Museo Arqueolóxico do Monte Santa Trega (MASAT), onde se expoñen unha escolma dos restos descubertos no castro.  

 A revista tamén resalta a beleza do porto pesqueiro de A Guarda. “Da gusto pasear por este porto vendo o ir e vir das gamelas”, e “polas fermosas” praias de O Forte e A Lamiña.  

 A proposta desa fin de semana na Guarda complétase coa visita de outros concellos do Baixo Miño. Así a publicación salienta a parada “obrigada e gustosa” nas adegas de O Rosal e nos muíños do Folón e do Picón. 

 En Tui convidan a pasear polo casco vello e, por suposto, coñecer a catedral, única en Pontevedra e que tamén serve coma un “óptimo mirador”.  

 Esa proposta de fin de semana, ao igual que as demais, inclúe unha guía práctica para saber chegar, cando ir e o que ver.   

 A Guarda comparte espazo nesa publicación con sitios tan especiais de España coma as Illas Cíes, a Vía Verde del Plazaola en Navarra, ou Caminito del Rey, en Málaga.

Ningún comentario:

Publicar un comentario