14 de xan. de 2016

A GUARDA

CONVERXENCIA GALEGA PRESENTA ALEGACIONS OS ESTATUTOS DO PADROADO MUNICIPAL MONTE SANTA TREGA

Celso R. Fariñas: "(...) Solicitamos que se suspenda de maneira cautelar o calendario de xestión para a aprobación dos novos estatutos (...)".
       
  Celso R. Fariñas, concelleiro de Converxencia Galega

Infogauda / A Guarda

  Celso R. Fariñas, concelleiro de Converxencia Galega, ven de presentar no Concello de A Guarda, en data 14.01.2015 e Rexistro de Entrada nº 0274, o seguinte escrito:

ALEGACIONS ESTATUTOS PADROADO MUNICIPAL MONTE DE SANTA TREGA                                                               


 Celso R. Fariñas, en calidade de representante de Converxencia Galega, no Padroado Municipal Monte de Santa Trega, tendo en conta que estamos en proceso de exposición pública para aprobación definitiva dúns novos estatutos para rexir o Padroado Municipal Monte de Santa Trega,  sendo convocados representantes dalgunhas entidades que dende fai bastante tempo se ten posto en dúbida a legalidade da súa representación neste Padroado, xa que non aparecen reflexados nas distintas Actas, o momento da súa incorporación como é o caso da E.L.M. de Camposancos e a Irmandade do Clamor, así como tamén, como se ten manifestado en distintas xuntanzas do Padroado por parte dalgúns Grupos Políticos e mesmo polas Comunidades de Montes sobre a “utilidade” dos representantes da Administración Provincial e/ou Autonómica, que somentes deberían ser chamados cando hubese algunha actuación na que sexa preciso a súa participación por corresponder a área a que representan, sendo únicamente a súa función informativa pola que terían voz pero sin voto, temas que non están resoltos neste novo Proxecto de Estatutos do Padroado Municipal Monte de Santa Trega.

 Así mesmo, dende que asumiu a súas funcións a nova Xunta Rectora da C.M.V.M.C. da Parroquia de Salcidos, ven solicitando/reclamando o seu dereito a ser incorporada de pleno dereito a dito Padroado dado que as terras e augas vertentes que dan hacia a estrada de A Pasaxe de Camposancos, consideran que dende tempo inmemorial, corresponden os límites de dita Parroquia, o que sirve de refrendo para esixir formar parte do Padroado. 

 Por outra banda, dita Comunidade de Montes Veciñais en Mán Común da Parroquia de Salcidos, presentou un escrito no Rexistro do Concello no que  solicitou que se proceda a SUSPENDER tódalas xestións e tramitacións referentes a modificación e reparto de ingresos do Padroado Municipal Monte de Santa Trega ata que se decida a súa incorporación, xa que se estaría perxudicando aos intereses dos veciños/as da Parroquia de San Lorenzo de Salcidos. 

 Consideramos que as actuacións desenrroladas nas diversas xuntanzas o longo do ano 2.015, incluíndo a asesoría legal na redacción de ditos Estatutos e tamén a aprobación dos mesmos, poderían ser postas en tela de xuizo, por: 

 1º. - Ditas xuntanzas foron celebradas baixo a dirección dun empregado municipal desempeñando as labouras de Secretario sen que fose nomeado para ese posto por ningún dos órganos que o Concello ten para a designación de cargos, ben sexa a Xunta de Goberno Local e ratificada polo Pleno do Concello.

 2º.- A persoa que desempeñou dita función, non ten nin a delegación Plenaria, nin os estudos, nin a categoría profesional para desenrrolar as funcións inherentes a ese cargo, dado que non pertenece a ningún dos grupos profesionais nin dispón de Habilitación Nacional para desempeñar o posto de Secretario titular nin accidental.

 Que tal e como temos solicitado en diversos escritos presentados no Rexistro Xeral do Concello, sin que a a día de hoxe se fixera a aclaratoria sobre a legalidade da forma xurídica do Padroado Municipal Monte de Santa Trega, partindo da base que os terreos son privados, xa que pertenecen as Comunidades de Montes.

 Por todo o anterior, dende este Grupo Político, vimos a solicitar que se suspenda de maneira cautelar o calendario de xestión para a aprobación dos novos estatutos por diversas causas, algunhas xa expostas en apartados anteriores, pero denantes de todo, que como dín os vellos, “do apuro somentes queda o cansancio”, e se ata agora non hubo presa por arranxar tódolas deficiencias denunciadas en distintas oportunidades por diversos membros do Padroado, agora, somentes poden crear un enfrontamento entre as entidades de Montes que ata o de agora convivían en armonía na defensa individual e colectiva dos intereses das súas Parroquias.  


A Guarda, a 13 de xaneiro do 2.016

Celso R. Fariñas
Responsable no Padroado Municipal Monte de Santa Trega    
Converxencia Galega


Sr. Alcalde-Presidente do Padroado Municipal Monte de Santa Trega
Concello de A Guarda 

Ningún comentario:

Publicar un comentario