30 de xan. de 2016

TOMIÑO

Máis de 1.500 persoas participarán no Venres de Foliada de Tomiño.  

O “Venres de Foliada” será o venres día 5 de febreiro ás 21h30 no Seixo, no caso de choiva aprazase para o 12 de febreiro


Infogauda / Tomiño

 Unha veintena de comparsas serán as protagonistas do cita co entroido tomiñés.  Máis de 1.500 persoas participarán no Venres de Foliada que se celebrará o vindeiro venres 5 de febreiro no Seixo. Como cada ano, a cita co entroido tomiñés contará con veinte comparsas de Tomiño e doutros concellos que tinguirán de cores as rúas do casco urbano. 

 O Venres de Foliada contará con veinte comparsas, das cales nove son do municipio dando conta da boa saúde coa que conta o entroido local. 

 O prazo de inscrición rematou o pasado día 22 de xaneiro quedando unha ducia de comparsas en lista de espera. 

 Todas as comparsas traen carroza e aseguran espectáculo. 

 A saída do desfile iniciarase dende o Colexio Pedro Caselles e a orde das comparsas será por rigoroso orde de chegada ao lugar de saída. A cita comezará ás 21h30 e percorrerá as rúas co casco urbano. En caso de choiva, o evento aprazarase para o 12 de febreiro.

Ningún comentario:

Publicar un comentario