30 de xan. de 2016

TOMIÑO

O Concello de Tomiño aposta, un ano máis, pola promoción de grupos musicais locais e pon en funcionamento o “circuito cultural” 2016

O “circuito cultural” vai dirixido a comisións de festas e organizadores de festexos 

O Concello de Tomiño aprobou as bases en Xunta Local de Goberno


Infogauda / Tomiño

 O Concello de Tomiño ven de aprobar en xunta local o “circuito cultural” para o ano 2016. O programa vai dirixido a comisión e organizadores de festas a través do cal accederán a un desconto no custo a hora de contratar grupos de música tomiñeses. 

 As comisións de festas poderán contratar de xeito subvencionado grupos musicais tomiñeses que inclúen banda de música, as corais, as bandas de gaitas con máis de 30 compoñentes os grupos de gaitas, as treboadas e as pandereteiras e as murgas. 

 Os grupos tomiñeses que se inclúen xa asinaron previamente co Concello un convenio no cal aceptaban ditas condicións, e amosaron a súa satisfacción por esta iniciativa. 

 Para que as comisión de festas poidan acceder a dita axuda deben en primeiro lugar contratar o grupo e fixar a súa actuación e comunicarllo por escrito a Concellería de Cultura cunha antelación de 30 días. A aportación do Concello materializarase unha vez que a comisión de festas presente recibo de pago a dito grupo. Solo se poderá presentar unha solicitude por evento. 

 Esta iniciativa leva funcionando dende o ano 2012 e ten favorecido a promoción e contratación de grupos musicais locais. No ano 2015 rexistráronse máis dun centenar de solicitudes adscritas ao “circuito cultural” beneficíandose tanto os grupos como as comisións de festas. Este ano 2016 o número de grupos que participan no programa se incrementa e acadan a quincena. Os grupos que participan no “circuito cultural” 2016 correspóndense con corais, treboadas, bandas de música, grupo de gaitas, murgas e charangas e acordeóns. A Concelleira de Cultura, Cristina Martínez, comenta que “este é un xeito máis equitativo de promocionar os grupos musicais de Tomiño e de favorecer a súa presencia e contratación dentro do noso municipio”.

Ningún comentario:

Publicar un comentario