O Concello de Tomiño presentou a súa programación formativa para o 2016
A Oficina de Información Municipal de Información Xuvenil recibiu máis de 5.000 consultas no ano 2015
A oferta conta cunha ducia de cursos que veñen a complementar a formación dos mozos de Tomiño
Infogauda / Tomiño
O Concello de Tomiño ven de presentar a súa programación formativa para o ano 2016. A Alcaldesa, Sandra González, fixo balanzo do traballo levado a cabo dende a Oficina Municipal de Información Xuvenil ao longo do pasado ano 2015. En palabras da Alcaldesa “a Omix recibiu máis de 5.000 consultas das cales 500 foron presencias e o resto a través de medios electrónicos como correo electrónico, facebook, skype ou twiter”.
A Alcaldesa destacou da programación que se presentou esta mañán o seu carácter complementario na formación dos mozos e mozas do Concello, “moitos destes cursos son demandados polos propios usuarios”. Na presentación desta mañán a Alcaldesa recordou o traballo tan importante que se ten feito dende a Omix como punto de información da rede “Eurodesk” a través do cal a mocidade tomiñesa ten participado en programas e accións doutros países europeos. O pasado ano 10 mozos e mozas tomiñesas puideron beneficiarse de seminarios formativos fora das nosas fronteiras grazas ao Programa Xuventude en Acción abrindo as fiestras de Europa aos xoves de Tomiño.
Segundo a Alcaldesa “a capacidade de mobilidade, de ir e vir, teñen contribuido a trazar expectativas a mozos e mozas que hai cinco anos nin sequera se plantexaran saír de Galicia”.
A Concelleira de Mocidade, Fátima Rodríguez, informou de xeito pormenorizado os cursos que inclúe este ano a programación formativa. Por un lado, celebraranse varios cursos relacionados co agro e na liña do proxecto de compostaxe que se está desenvolvendo dende a Concellería de Medio Ambiente. Esta liña formativa inclúe dous cursos, un de horticultura e outro de cultivos ecolóxicos.
Ademáis, levaranse a cabo formación relacionada coa xestión asociacións como é o curso para a visibilidade das asociacións e o curso básico de xestión económica para asociacións. A oferta formativa conta tamén con cursos moi demandados entre os máis novos como son o curso de monitor/a de tempo libre, curso que inclúe a homologación do título. Nesa liña, e co fin de reforzar a formación dos mozos e mozas de cara a seminarios e encontros europeos, impartirase un curso para a pesentación de proxectos “iniciativa xove”.
Como ven sendo habitual noutros anos, tamén se impartirán cursos doutras linguas. Haberá de francés, portugués e inglés, este último será impartido por dous voluntarios europeos de Ucrania e República Checa que grazas ao programa Erasmus + residirán durante un ano en Tomiño.
A esta relación de cursos engadimos o de reparacións domésticas e mecánica básica do automóbil que en anteriores edicións gozaran de grande demanda.
Finalmente, o mes de novembro contará cun curso de educación emocional, afectiva e sexual. Este é un curso ao que a Alcaldesa concedeu unha especial importancia xa que este tivo de iniciativas conlevan a “unha sociedade igualitaria dende unha óptica emancipatoria”. Segundo González, “novembro será o mes de xénero e adicarémolo a iniciativas relacionadas coa igualdade e coa non violencia. É unha iniciativa de vital importancia xa que neste primeiro mes de ano xa levamos oito mulleres vítimas de violencia de xénero”.
Ningún comentario:
Publicar un comentario