A Deputación de Pontevedra ofrece ao Concello do Rosal a súa colaboración para impulsar proxectos no municipio
O Concello recibirá da institución provincial un total de 514.360,75 €, un 30,5% máis que no ano 2015
A Presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva co alcalde do Rosal, Jesús María Fernández, na zoa de Valdemiñotos, donde se está dotando de beirarrúas un tramo desa estrada que soporta un tráfego considerable.
Infogauda / O Rosal
Na súa primeira visita institucional a O Rosal, a Presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, ofreceu ó alcalde, Jesús María Fernández Portela, a súa colaboración para apoiar ao Concello nos plans de futuro que ten en marcha. O Rosal recibe este ano da Deputación, máis de 500.000 €, un 30,5% máis que obtivo en 2015, grazas ao Fondo Local, que garante unha repartición xusta e equitativa dos recursos entre os 62 concellos da provincia de Pontevedra. Neste eido, o alcalde destacou o papel que ten a Deputación "para poder desenvolver actuacións e satisfacer as necesidades e demandas dos veciños dos concellos de menos de 20.000 habitantes".
A Presidenta agradeceu ó alcalde a cordialidade e disposición do goberno local para levar adiante aqueles proxectos que ambas as dúas institucións poidan desenvolver nos próximos meses, entre eles os que teñen que ver co turismo. "Falamos do Rosal que é un enclave privilexiado cheo de posibilidades. Imos sentarnos tamén co alcalde para ter en conta as súas propostas dentro do Plan de Turismo que estamos a desenvolver dende a Deputación", dixo Silva, que garantiu o seu compromiso para unha nova visita a fin de conocer polo miudo os recursos turísticos do Rosal.
O alcalde agradeceu "o interese da Presidenta da Deputación de Pontevedra por buscar solucións para algúns dos principais problemas do Concello". En concreto, subliñou "o interese do municipio para crear unha senda peonil na estrada que une Tui con A Guarda así como a convocatoria dun concurso de ideas para impulsar a obra de peonalización Praza do Calvario".
Carmela Silva destacou que "o Plan Móvese é un plan que da resposta as necesidades das persoas e ciclistas no que podería encaixar esta senda e por iso analizarase a súa viabilidade". A Presidenta anunciou tamén a próxima visita do deputado de infraestructuras para conocer de primeira man o proxecto.
Ningún comentario:
Publicar un comentario