O BNG presenta unha moción para ampliar o portelo único a varios organismos públicos
O BNG considera necesario poder enviar documentación dende o concello a organismos como deputación, ministerios, ...
Merchi Martínez, concelleira do BNG na Corporación Municipal de A Guarda
Infogauda / A Guarda
O Bloque Nacionalista Galego ven de presentar unha moción “para a admisión no concello da Guarda a través do portelo de documentación dirixida a diferentes organismos como deputacións, ministerios ou outros organismos estatais”.
Para o BNG “a ampliación do servizo de portelo único na Guarda é imprescindíbel. Actualmente soamente se pode rexistrar documentación para enviar aos diferentes departamentos da Xunta de Galiza. A situación xeográfica do concello da Guarda xunto coa pésima e cara oferta de transporte público e a crecente demanda de solicitude de documentación para diferentes organismos como poden ser as deputacións, ministerios, fan prioritario indispensábel a ampliación do portelo único para organismos públicos ademáis da Xunta de Galiza”.
“A administración local é a máis próxima, polo que dende ela temos que tratar de achegar aquelas institucións que a todos os guardeses e guardesas lles quedan lonxe. É necesario conseguir convenios de colaboración con estas institucións publicas”, comentou o Merchi Martínez, concelleira do BNG.
A concelleira nacionalista afirma que “o acordo insta ao goberno municipal do PSOE a iniciar os trámites necesarios para acadar e asinar convenios de colaboración coas diferentes administracións do estado español e así poder tramitar documentación por parte dos guardeses e guardesas dende o concello”.
Ningún comentario:
Publicar un comentario