Última charla sobre o “Uso seguro e saudable de Internet” para os alumnos e alumnas da ESO
Estes encontros con rapaces e rapazas intentan concienciar dos riscos que presentan os teléfonos intelixentes (smartphones) e as responsabilidades ante os posibles delitos cometidos nas redes sociais
Este mércores, día 27 de xaneiro, terá lugar a última das charlas sobre o “Uso seguro e saudable de Internet” organizadas polo Programa de Educación Familiar e a OMIX do Concello da Guarda. Nesta ocasión, unha psicóloga da ONG “Pantallas Amigas” terá un encontro cos alumnos e alumnas de Educación Secundaria Obrigatoria (ESO) do Colexio San José Hermanas Carmelitas de la Caridad.
Nesta charla, que xa se levou a cabo noutros centros escolares da vila e incluso houbo un encontro para adultos, se falará, por exemplo da privacidade nas redes sociais, nos riscos de que un menor teña un smartphone ou da responsabilidade ante a lei dos posibles delitos na rede.
Con este ciclo de charlas para alumnos e alumnas de Educación Secundaria, dende o Concello de A Guarda, queren concienciar, tanto aos nenos e nenas coma aos adultos, sobre o uso seguro e responsable de Internet.
Ningún comentario:
Publicar un comentario