26 de xan. de 2016

A GUARDA

Roberto Rodríguez falará da “Talasonimia da costa da Guarda” na próxima Barferencia de Inverno  

A cita é o xoves, día 28 de xaneiro, ás 20,30 horas, no Bar Bergantín. 

Este ciclo de conferencias pecharase o día 26 de febreiro co tema “15 pesetas por frete”, relacionado co contrabando 


Infogauda / A Guarda

 Este xoves, 28 de xaneiro, ás 20:30 horas, no Bar Bergantín, se celebrará a próxima Barferencia de Inverno que leva por título “Talasonimia da costa da Guarda”. Esta conferencia virá da man de Roberto Rodríguez, traballador do Museo do Mar guardés e coautor do libro “Talasonimia da costa sur de Galicia”.  

 Nesta cita Roberto Rodríguez falará e presentará esta interesante disciplina que estuda os nomes do mar e dos diferentes accidentes costeiros.  

 Unha vez máis o Concello de A Guarda convida a todos os veciños do municipio a participar nesta conferencia e coñecer algúns dos segredos da costa guardesa.  
Última cita  
 Este ciclo de Barferencias de Inverno organizado polo concello guardés coa colaboración de ANABAM porá o seu broche final o próximo 26 de febreiro ás 20:30 horas, no Bar Aquilino.  

 Ese venres, Fani Alonso Tamayo falará do documental - “15 pesetas por frete” - sobre o contrabando que se está a filmar en Camposancos

Ningún comentario:

Publicar un comentario