13 de xan. de 2016

A GUARDA

CONVERXENCIA GALEGA APOIA AS REINVIDICACIONS VECIÑAIS QUE DEMANDAN UNHA MELLOR COBERTURA DA REDE WIFI MUNICIPAL

65 veciños de Ribadavila suscreben un escrito dirixido a tódolos grupos municipais, informando das deficiencias de cobertura na rede Wifi "Navegaguarda"

Celso R. Fariñas, concelleiro de Converxencia Galega no Concello de A Guarda


Infogauda / A Guarda

 Celso R. Fariñas, concelleiro de Converxencia Galega ven de presentar no rexistro de entradas do Concello de A Guarda, á seguinte comunicación:

ARRANXO DOS PROBLEMAS CA WIFFI MUNICIPAL EN A GUÍA 

 No día de hoxe, foinos entregada unha copia do escrito co Rexistro de Entrada nº 0165 de data do 11.01.2016, dirixido a tódolos Grupos Políticos con representación municipal neste Concello, o cal, ven acompañado de SESENTA E CINCO SINATURAS, de veciños/as que dí o seguinte: “(…) Os abaixo asinantes, todos eles veciños/as da Praza da Guía, [veñen] a comunicar a esa Alcaldía, que dende fai meses vimos tendo problemas de cobertura coa wiffi “NAVEGAGUARDA”. Polo tanto, vimos a SOLICITAR que a maior brevidade posible se arranxe esta problemática, para poder disfrutar do servizo (…)”.

 Por medio de este escrito, vimos a amosar o noso respaldo a reivindicación dos/as veciños/as, deste barrio, e o mesmo tempo, esixir do Grupo de Goberno Municipal do PSOE, para que imparta as ordes oportunas a quen corresponda, e se proceda o arranxo destas instalacións da maneira máis urxente posible, o mesmo tempo, que da mesma maneira que eles asinan o seu escrito, que elabore o documento de resposta, faga o mesmo, se identifique a quen asina e asume o texto da contestación, e non se sinale un departamento e unha rúbrica, xa que desta maneira, os cidadáns, non teñen a quen dirixirse no suposto de calquer consulta, ou reclamación.   

A Guarda, a 12 de Xaneiro do 2.016  
     
Celso R. Fariñas         
Converxencia Galega

Sr. Alcalde-Presidente 
Sr. Concelleiro de Novas Tecnoloxías 
Concello de A Guarda

Ningún comentario:

Publicar un comentario