11 de xan. de 2016

A GUARDA

CONVERXENCIA GALEGA INSTA O GRUPO DE GOBERNO A CUMPLIR COA LEI

Celso R. Fariñas
Concelleiro de Converxencia Galega


Infogauda / A Guarda

  Celso R. Fariñas, concelleiro de Converxencia Galega no Concello de A Guarda, ven de facer pública á seguinte moción:

                                
 ACTUALIZACIÓN DO INVENTARIO DE BENS MUNICIPAIS 

 En distintos escritos R/E nº 4.049 e 7764 de 22.06 e 01.12 respectivamente, puxemos de manifesto o seguinte: “ (...) Tal e como establece o artigo 36.2 do R.O.F., os Secretarios/as tomarán as medidas oportunas para que o día da constitución das Corporacións Municipais, estea preparado e actualizado tódolos expedientes e documentación relativa ao inventario do patrimonio Municipal e dos Organísmos Autónomos (...)”

 Así mesmo, tendo en conta os artigos 33, 34 e 35 do Real Decreto 1372/1986 de 13 de xuño: “(...) La rectificación del inventario se verificará ANUALMENTE y en ella se reflejarán las vicisitudes de toda índole (...)”, (...) la comprobación se efectuará SIEMPRE QUE SE RENUEVA LA CORPORACIÓN y el resultado se consignará al final del documento, sin perjuicio se levantar ACTA ADICIONAL con el objeto de DESLINDAR RESPONSABILIDADES que pudieran derivarse para los MIEMBROS ENTRANTES, y en su día, para los SALIENTES (...)”. (...) En el Libro de Inventarios y Balances se reflejará ANUALMENTE los bienes, derechos y acciones de la Entidad Local y sus alteraciones, así como la situación del activo y pasivo, para determinar el VERDADERO PATRIMONIO en cada ejercicio económico (...)”.

 As veces que preguntamos que medidas se habían tomado, sempre foi que levaba así moito tempo, e se buscaría a ocasión para actualización, tendo en conta que sendo coñecedores desta irregularidade e para non ser cómplices dún acto non axustado a dereito, dende Converxencia Galega, vimos a presentar para o seu debate e aprobación, a seguinte Moción:

 O Concello de A Guarda, procederá a elaborar os pregos de condicións e licitar da maneira máis urxente, a fin de que o máis tardar en tres (3) meses se dé inicio actualización do inventario de bens municipais.                                                                                                                       
A Guarda, a 11 de xaneiro do 2.016


                
Celso R. Fariñas
Concelleiro de Converxencia Galega


Sr. Alcalde-Presidente
Sr. Secretario Acctal.
Concello de A Guarda                                 

Ningún comentario:

Publicar un comentario